Lugo, 16 de abril de 2026. Muimenta e Lourenzá acollerán do 8 ao 10 de maio a sétima edición do Curso de Formación sobre Patrimonio Lúdico, organizado polo Observatorio do Patrimonio Lúdico Galego, Nova Escola Galega, Xotramu, O Recuncho das Argalladas de Lourenzá e Iberia Ludens.
Relatorios, mesas redondas, práctica de xogos tradicionais e visitas a museos da contorna conforman o programa destas xornadas, convocadas baixo o lema “Xogo, sustentabilidade e inclusión”, que incide na necesidade de dar un paso máis na posta en valor dos xogos de sempre ofrecendo respostas ás necesidades da sociedade actual.
O curso, que se presentou este mediodía no Pazo de San Marcos coa presenza de membros dos colectivos organizadores, da deputada de Cultura Iria Castro, da concelleira de Cultura de Lugo Maite Ferreiro e do alcalde de Cospeito Armando Castosa, encádrase nas actividades de recuperación, divulgación e formación que o Observatorio e as entidades que o integran, así como persoas investigadoras a título particular, desenvolven desde hai máis dunha década arredor do patrimonio lúdico galego, un dos máis ricos da Pensínsula Ibérica.
A organización formula como obxectivos do encontro analizar o xogo tradicional como manifestación cultural, poñer en común a función do xogo tradicional na educación e as estratexias de introdución do patrimonio lúdico galego no ámbito educativo, deportivo e cultural ou investigar estratexias de recuperación do patrimonio lúdico desde a perspectiva das necesarias respostas aos retos de sustentabilidade e inclusión.
As xornadas inclúen tamén diversos obradoiros nos que practicar unha importante batería de xogos e deportes de diferente tipoloxía e descubrir as posibilidades da autoconstrución de xoguetes a partir de materiais naturais e de refugallo.
As actividades concluirán cunha visita a Lourenzá, onde as persoas participantes visitarán o Museo do xoguete tradicional O recuncho das argalladas e a exposición Don Paco, o pícaro argalleiro, concebida polo ano dedicado a Francisco Fernández del Riego. O interese do intelectual laurentino pola cultura lúdica galega centrará a conferencia de clausura das xornadas que ofrecerá Xosé Manuel Beiras, amigo persoal de Del Riego.
Noelia Darriba, de Xotramu, sinalou que “cremos que é un curso moi interesante para as persoas que queiran aproximarse e coñecer máis sobre o patrimonio inmaterial que son os xogos tradicionais, con conferencias, relatorios, mesas redondas, sesións prácticas e un espazo para presentar comunicacións para aquelas persoas que queiran contribuír cos seus coñecementos”
A deputada Iria Castro valorou “o traballo que se fai desde o ámbito asociativo para recompilar e poñer en valor o patrimonio lúdico, con Muimenta como lugar de referencia, grazas a unha entidade pioneria como Xotramu” e destacou o interese que sempre nos transmiten “de chegar ás novas xeracións e proxectar os xogos tradicionais como un legado para o presente e para o futuro”.
A responsable de Cultura lembrou as últimas iniciativas impulsadas desde a Vicepresidencia da Deputación en relación co xogo tradicional, como a edición dos libros “Xogos tradicionais galegos para tempos de recollida” e “Xogos tradicionais e populares dos Ancares”.
As inscricións poden realizarse ata o 30 de abril nun formulario en liña dispoñible na web xogostradicionais.gal.Programa completo en https://7cursopatrimonioludico.weebly.com/uploads/1/0/0/8/10080259/vii_curso_de_formacio%CC%81n_programa.pdf























En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.



