Xove, 30 de abril, 2026. O BNG de Xove informou hoxe de que tivo constancia, a través das redes sociais do Concello, da visita da Conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, quen mantivo unha xuntanza co alcalde, membros do grupo de goberno, o xerente de Xestur e parte do empresariado local no Salón de Plenos.
A voceira municipal do BNG, Pilar Vázquez, sinalou que, “considerando que se trata dunha boa nova para o concello, o mínimo sería contar coa corporación municipal ao completo, tal e como se afirma nas redes sociais”. Engadiu que “parece que se esquece que a corporación está formada por tres grupos políticos e non só por un”. Segundo explicou, nin o BNG nin o PSOE foron convidados nin informados sobre a visita da Conselleira ao Salón de Plenos nin sobre a suposta reunión da “corporación” co empresariado xovense.
Vázquez cualificou esta situación como “deslealdade institucional” e lembrou que “non é un feito illado”. Indicou tamén que, se algo así o fixese unha alcaldesa do BNG ou do PSOE, “sería duramente criticado”. A voceira destacou que o BNG representa 650 veciñas e veciños de Xove, mentres que o PSOE representa 227, polo que a oposición suma o 41% da veciñanza. “Ese 41% non se ve reflectido nin identificado neste tipo de actos nin na comunicación institucional do Concello”, afirmou.
Promesas electorais
Durante a visita, a Conselleira anunciou a ampliación do Polígono Industrial de Camba, unha demanda histórica do tecido empresarial de Xove. O BNG celebrou o anuncio e expresou o seu desexo de que repercuta positivamente na economía local. Con todo, Vázquez apuntou que “non deixa de ser curioso que este tipo de anuncios se repitan sempre en anos electorais ou nos meses previos ás eleccións municipais”. Concluíu sinalando que “é de agradecer que a Xunta por fin se acorde de Xove e que isto sirva tamén para desbloquear o investimento no ansiado proxecto da auga”.





















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



