Viveiro, 17 de abril, 2026. O Grupo Municipal Socialista de Viveiro denunciou publicamente a falta de respecto institucional da alcaldesa ao non informar nin convocar aos grupos da oposición —PSOE e BNG— á visita realizada hoxe pola conselleira de Medio Ambiente para presentar as actuacións derivadas da riada.
Desde o PSOE consideran inaceptable que un acto institucional desta relevancia se xestione de maneira partidista, excluíndo a quen tamén representa a unha parte moi importante da veciñanza de Viveiro.
O grupo socialista lembra que este episodio non é illado. No último mes e medio tiveron lugar varias visitas institucionais de representantes da Xunta de Galicia nas que, segundo explican, a alcaldesa actuou do mesmo xeito: a visita do director de Turismo de Galicia, a da conselleira de Infraestruturas para supervisar as obras da LU-540, a recente visita da conselleira de Política Social ao centro da Asociación de Alzhéimer —cedido polo Concello— e a visita de hoxe da conselleira de Medio Ambiente. En total, catro ocasións que, para o PSOE, evidencian unha forma de actuar reiterada.
O PSOE lembra tamén que a riada de Xunqueira de 2018 foi unha das maiores catástrofes sufridas no municipio, cun impacto moi relevante para a cidadanía. Por iso consideran que, tras anos de atraso na execución das obras por parte da Xunta, o mínimo esixible era actuar con transparencia e lealdade institucional.
O grupo socialista sinala ademais que, cando a actual alcaldesa estaba na oposición, non reclamou á Xunta un trato adecuado para Viveiro. Agora, afirman, mantén esa mesma liña excluíndo á oposición e, por extensión, a unha parte importante da cidadanía.
O PSOE de Viveiro esixe respecto institucional e lembra que non se pode gobernar excluíndo aos grupos da oposición nin convertendo actos oficiais en eventos de partido. A representación institucional, subliñan, é de toda a corporación.




















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



