Ribadeo, 23 de abril, 2026. O Salón de Actos do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo acollerá o próximo 29 de abril ás 18:00 horas unha xornada clave de orientación para familias e alumnado baixo o lema “I Encontro de Universidades Galegas”.
A actividade está pensada para resolver dúbidas de estudantes de Bacharelato e das súas familias, ofrecendo un espazo de diálogo directo sobre que estudar, así como información detallada sobre a oferta das tres universidades galegas: titulacións, proxectos, mobilidades, cursos, aloxamentos e outros recursos de interese.
Un encontro para facilitar a toma de decisións
Desde o centro educativo explican que moitas familias da comarca teñen dificultades para acceder a información actualizada sobre os campus galegos. Ademais, lembran que o paso da adolescencia á vida adulta nun entorno novo e afastado da casa pode resultar complexo.
O IES considera que os centros educativos poden axudar a tender pontes, ofrecendo información que permita tomar decisións con maior seguridade. “A información é poder, e moitas veces non dispoñen de toda a que precisan para dar o paso con tranquilidade”, sinalan desde a dirección.
Unha iniciativa pioneira con boa acollida
Debido á demanda das familias, o centro decidiu organizar esta xornada reunindo ás tres universidades galegas. Aínda que inicialmente descoñecían se sería posible, destacan a excelente acollida por parte dos representantes universitarios, que se prestaron a colaborar desde o primeiro momento.
O acto estará aberto tamén ás familias doutros centros da contorna, xa que se considera unha oportunidade útil para toda a comunidade educativa da zona.
Un espazo para tecer redes entre familias e universidade
O IES Ribadeo subliña que reunir nun mesmo espazo ás tres universidades galegas é unha oportunidade única para crear redes, resolver dúbidas e facilitar o proceso de transición á etapa universitaria. Toda información que axude ás familias e ao alumnado a dar este paso “sempre será ben recibida”.






















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 


