Viveiro, 23 de abril, 2026. O BNG de Viveiro denuncia a grave situación do Centro de Información á Muller (CIM), que actualmente carece de persoal técnico esencial para garantir o seu funcionamento. En concreto, o servizo está sen asesoramento xurídico e sen apoio psicolóxico, dous piares fundamentais para a atención ás usuarias.
Segundo explica a formación nacionalista, esta carencia deixa nunha situación de especial vulnerabilidade ás mulleres de Viveiro e da contorna que precisan acompañamento, orientación ou intervención en casos sensibles, especialmente en situacións de violencia machista.
Praza de avogada sen cubrir
O BNG lembra que a praza de avogada permanece vacante debido a unha ausencia prolongada. Trátase dunha circunstancia que, segundo indican, permitiría a súa cobertura temporal conforme á normativa vixente. Con todo, critican que o Goberno municipal non adoptou ningunha medida para garantir a continuidade do servizo xurídico.
A praza de psicóloga, sen avances
En canto á praza de psicóloga, o Bloque advirte de que, malia estar incluída na oferta de emprego deste ano, poden pasar meses ata a súa cobertura efectiva, o que agrava aínda máis a situación do CIM.
A portavoz municipal, Iria Cotelo, considera que a situación é “absolutamente inaceptable” e afirma que o Goberno local non pode permitir que un servizo esencial quede “na práctica, sen capacidade de resposta”.
Cotelo sinala que existen ferramentas legais para cubrir temporalmente a praza de avogada e critica que non se estea actuando. No caso da praza de psicoloxía, lamenta que nin sequera se iniciase o proceso selectivo. “É unha falta de responsabilidade evidente”, afirma.
Reclamacións ao Goberno local
O BNG de Viveiro insta ao Executivo municipal a actuar con urxencia e demanda:
– A cobertura inmediata e temporal da praza de avogada, para restituír o asesoramento xurídico.
– A convocatoria urxente da praza de psicóloga, co obxectivo de garantir o apoio psicolóxico ás usuarias.
A formación nacionalista reafirma o seu compromiso coa igualdade e coa defensa de servizos públicos de calidade, e insiste na necesidade de recuperar canto antes o funcionamento pleno do CIM.






















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



