Foz, 8 de maio de 2026. O goberno municipal de Foz acusa ao Partido Popular focego encabezado polo señor Castiñeira de pretender bloquear Foz a calquera prezo: “Para o PP de Foz canto peor lle vaia a Foz, mellor para eles”, indica o alcalde, Fran Cajoto, que engade: “falta o día para que chegue algunha proposta construtiva ou para que faciliten algunha inversión da Xunta de Galicia, na que goberna o PP”.
Cajoto explica que no pleno da corporación municipal celebrado onte, xoves, “saíu adiante unha emenda do Partido Popular de Foz co voto favorable do BNG, para deixar sobre a mesa e retrasar o pago de facturas do exercicio 2025. A interventora deixa claro no seu informe que estamos a seguir o procedemento correcto para poder pagar facturas do ano 2025 que quedaron pendentes por valor de 466.625,11 euros. O único reparo que reflexa intervención é o evidente de incumprimento do principio da anualidade, xa que estamos a falar de gastos correspondentes ao exercicio 2025. Facturas que entraron a finais de novembro ou decembro e que os servizos municipais non conseguiron tramitar. Isto parte dunha actitude revanchista e rencorosa: o señor Castiñeira di que queren que as empresas cobren pero bloquea o pago, non fixo ningunha pregunta sobre ningunha factura porque non lle importa, o seu único obxectivo é que lle vaia mal ao goberno aínda que iso prexudique a empresarios, autónomos e veciños”.
Respecto ao orzamento municipal do 2026, que o voceiro do PP pon como escusa, o alcalde de Foz aclara que “a nova interventora municipal tomou posesión da súa praza a segunda quincena de marzo e xa mantivemos reunión co BNG cun primeiro borrador de orzamento. Sufrimos un ano 2024 sen a figura de Intervención e aínda así demostramos ano tras ano que temos aforro neto positivo e contamos con remanente de tesourería, como reflexou no seu informe o Consello de Contas hai ben poucos días, o que non acontece noutros concellos da contorna. Pero é que o Plan Económico Financeiro establece que o Concello de Foz debe axilizar máis aínda os pagos e o Partido Popular en cambio dedícase a bloquealos. O señor Castiñeira deberá explicarlle a veciños e empresas por que desatende as indicacións do informe de intervención que establece claramente que o bloqueo do pago é enriquecemento inxusto do Concello e ten responsabilidades patrimoniais para os membros da corporación. Non se quere lembrar Castiñeira que cando era alcalde os anos 2013 e 2014 nin sequera presentou os orzamentos e si levou recoñecementos extraxudiciais, por iso queda completamente deslexitimado. Nós cumprimos os acordos que fixemos con todos os partidos, tamén co PP, e a honestidade non se compra nin se vende, como quedou demostrado en Lugo”.
Fran Cajoto fai referencia tamén a outro asunto tratado no pleno, a petición dun PAC para Foz; “desde o PSdeG-PSOE levamos unha moción para esixirlle ao Sergas que estableza un PAC (punto de atención continuada) no centro de saúde de Foz. É especialmente relevante despois dos últimos cambios normativos que fixo a Xunta, que fía a apertura do centro de saúde os sábados pola mañá á voluntariedade dos médicos. O PP votou en contra da moción do PSOE e da do BNG argumentando que os veciños de Foz preferían o PAC en Burela, que é mellor non ter servizo de urxencias médicas no noso Concello. Algo inaudito e esperpéntico, inverosímil e incomprensible. Esperabamos algo de altura de miras, pero vemos que hai unha consigna clara de bloquear calquera iniciativa que comprometa á Xunta aínda que prexudique claramente ás veciñas e veciños”.


























Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.



