Mondoñedo, 21 de maio, 2026. Este sábado celebrarase en Mondoñedo, no Salón de Plenos do Concello, o acto de entrega do II Premio Álvaro Cunqueiro de Novela a Luís Rei Núñez pola súa obra Elas dúas. O evento estará presidido polo alcalde Manuel Ángel Otero Legide e contará coa presenza de autoridades, membros da corporación, integrantes do xurado e representantes da Editorial Galaxia, responsable da publicación da novela gañadora.
O autor recibirá de mans do alcalde o diploma e a placa acreditativos, así como o primeiro exemplar publicado da obra.
O galardón foi concedido por unanimidade o pasado mes de decembro por un xurado formado por Ánxela Gracián, Rosalía Morlán, Marta Neira, Marcos Calveiro e Armando Requeixo, actuando como secretario con voz e sen voto Alberto García Fernández, concelleiro de Cultura de Mondoñedo.
A novela premiada, Elas dúas, destaca pola súa forza narrativa e pola capacidade de reconstruír con mestría a Pontevedra de mediados do século XX, onde se desenvolve unha apaixonante historia de amor entre dúas mulleres que desafían as convencións sociais da época. O xurado salientou o oficio narrativo impecable e o retrato humano que ofrece, no que amizade, formación, raíces familiares e amor configuran un mapa emocional de gran beleza e profundidade.
O xurado agradeceu tamén o apoio do Concello de Mondoñedo e da Casa Museo Álvaro Cunqueiro, así como da Secretaría Xeral da Lingua e da Editorial Galaxia, nun certame que contou con corenta orixinais presentados.
Luís Rei Núñez (A Coruña, 1958) é un dos autores e xornalistas galegos máis destacados das últimas décadas. Foi xefe da Sección de Cultura da TVG e é autor dunha ducia de novelas premiadas, entre elas Expediente Artieda, Toda a vida, O señor Lugrís e a negra sombra e Monte Louro. Con este novo recoñecemento, suma o Premio Álvaro Cunqueiro de Novela aos seus numerosos galardóns literarios.





















O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



