Madrid, 12 de maio, 2026. “O PP prefire esaxerar e manipular a realidade do servizo postal na provincia de Lugo, pero continúa desprezando os problemas da atención sanitaria que sofren os lucenses, especialmente os que viven no rural”, asegurao o senador socialista, César Mogo.
O mariñán explica que na Comisión de Facenda do Senado, “o PP rexeitou a proposta do PSOE para reforzar o servizo de Correos, garantindo a atención nos momentos de maior actividade postal e mellorando os medios dispoñibles nas zonas rurais. En lugar diso, optou por manterse na demagoxia. Como lembrei, citan a oficina de Correos do Valadouro, precisamente aquela na que o Goberno de Rajoy, en 2015, recortou o horario en máis de 7 horas e media semanais, até deixalo en pouco máis de 3 horas diarias, sen que ningún membro do PP dixese nada. Tivo que ser o Goberno de Pedro Sánchez quen, en 2021, recuperase e mesmo superase ese horario, que hoxe ofrece 5 horas e media de atención diaria ao público, 12 horas máis á semana que co PP”.
“O máis grave é que, mentres manipula a situación postal, o PP mira para outra parte respecto á situación de recortes na atención primaria galega, que perdeu nos últimos 20 anos entre 700 e 1.000 profesionais. Como tamén lles recordei, dan as costas aos moitos municipios da provincia de Lugo que sofren carencias de persoal sanitario: no Valadouro só hai un médico e non se cubriu outra praza vacante; en Trabada hai días nos que non contan con ningún médico; e en Ribeira de Piquín só dispoñen de atención tres días á semana e en media xornada. Redución de efectivos e vacantes sen cubrir: esa é a realidade da atención sanitaria na provincia, sen que a Xunta adopte as solucións necesarias e sen que os senadores do PP digan ou fagan nada, coma se os problemas non existisen”.
“En lugar diso, prefiren converter o Senado nun xoguete para tentar desviar a atención dos lucenses. Por iso recomendei aos senadores do PP que non se esquezan de visitar aqueles lugares onde nunca poñen un pé: os centros de saúde dos nosos municipios. Así, polo menos, achegarán algo para desterrar o cinismo da política e atenderán os problemas que máis afectan ás persoas”.

























Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.



