A Mariña, 13 de maio, 2026. Galicia non precisa grandes capitais para namorar. Cada ano, milleiros de persoas buscan en internet ese recuncho con encanto no que desconectar, respirar historia e atopar algo auténtico. Para saber que destinos espertan máis curiosidade, Holidu —plataforma de alugueres vacacionais— analizou o volume de buscas mensuais dos concellos galegos de menos de 5.000 habitantes máis consultados á hora de planificar unha escapada.
O resultado debuxa unha Galicia viaxeira que se adentra no interior lucense, percorre as Rías Baixas e descobre paraxes únicos da Ribeira Sacra. E no máis alto da lista sitúase Mondoñedo, o municipio galego máis buscado en internet.
1. Mondoñedo, Lugo | 930 buscas/mes
Mondoñedo lidera o ranking e non é casualidade. Esta cidade episcopal é un dos municipios máis singulares de Galicia: un lugar onde o tempo parece deterse entre catedrais, conventos e pazos señoriais. A súa Catedral, xoia do románico e do gótico, domina a Praza da Catedral e reflicte séculos de historia. As feiras tradicionais, a gastronomía local e a tranquilidade das súas rúas de pedra consolidan Mondoñedo como un destino imprescindible para quen busca autenticidade no noroeste peninsular.
2. Palas de Rei, Lugo | 770 buscas/mes
Municipio clave no Camiño Francés, natureza exuberante e gastronomía con identidade propia.
3. Castro Caldelas, Ourense | 560 buscas/mes
Castelo medieval, vistas á Ribeira Sacra e un dos destinos estrela do enoturismo.
4. Portomarín, Lugo | 440 buscas/mes
Un pobo reconstruído pedra a pedra, cunha das arquitecturas máis singulares de Galicia.
5. Mondariz, Pontevedra | 430 buscas/mes
Balneario histórico, arquitectura modernista e natureza entre vales verdes.
6. Cuntis, Pontevedra | 230 buscas/mes
Destino termal por excelencia das Rías Baixas, con tradición balnearia milenaria.
7. Sober, Lugo | 230 buscas/mes
Viñedos en terrazas, miradoiros sobre o Sil e esencia da Ribeira Sacra.
8. O Vicedo, Lugo | 230 buscas/mes
Playas salvaxes, natureza atlántica e un litoral de beleza intacta.
9. Catoira, Pontevedra | 190 buscas/mes
Torres de Oeste, Romaría Vikinga e historia ligada á defensa de Compostela.
10. Oia, Pontevedra | 190 buscas/mes
O icónico Mosteiro de Santa María de Oia fronte ao Atlántico e paisaxes costeiras únicas.
Metodoloxía
Holidu analizou municipios de España con 5.000 ou menos habitantes, segundo o INE. Utilizando datos de Semrush, examinouse o volume medio de buscas mensuais en Google durante os últimos 12 meses coas palabras clave “que facer en” e “que ver en” xunto ao nome de cada municipio. En caso de empate, priorizouse o concello con menor poboación. Os datos foron recompilados en abril de 2026.




















A alcaldesa, Dolores García Caramés, visitouna no seu domicilio para felicitala e entregarlle un ramo de flores en nome de toda a veciñanza. Nada en Sargadelos e veciña de Cervo, foi a máis nova de dez irmáns e desde moi nova traballou no campo e coidou dos animais, sempre cun gran espírito de esforzo. Nai, avoa e bisavoa, a súa familia destaca a súa alegría, enerxía e bo humor. Moi activa ao longo da súa vida, gozaba de viaxar, da praia, de conducir e de participar nas actividades municipais, ademais de cultivar a súa paixón por cantar. Coqueta, sorrinte e cun espírito novo, Benedicta é hoxe un exemplo de vitalidade para todo o municipio.
O Pazo de San Marcos acolleu a conferencia final, de Manuel Andrade Baliño, e a entrega de premios ás alumnas e alumnos que obtiveron mellores valoracións nas probas que realizaron, o xoves, individuais, na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, e o venres, por equipos, en Mondoñedo. A final do certame, cunha axenda complentaria que achegou ás rapazas e rapaces ao patrimonio e á cultura, celebrouse por primeira vez en Lugo da man da Asociación Galega de Profesorado de Matemáticas (Agapema) e coa colaboración da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación.
Por este motivo, o Concello recomenda ás persoas, colectivos e entidades que precisen facer uso dalgunha instalación municipal ou solicitar material que presenten as súas peticións coa antelación necesaria. A medida permitirá organizar adecuadamente a atención das solicitudes e a planificación dos recursos municipais.
Dentro desta programación, o martes 30 de xuño ás 11:00 celebrarase na Casa da Cultura unha charla divulgativa impartida pola astrofísica Lucía González Cuesta, aberta a toda a veciñanza. A iniciativa enmárcase no programa provincial que busca ofrecer información rigorosa e garantir unha observación segura. Durante a xornada repartiranse folletos e gafas homologadas. A alcaldesa, Marta Rouco, destaca o carácter histórico do eclipse e anima a participar para vivilo con seguridade. O Concello lembra que só deben empregarse gafas específicas para mirar ao sol e continuará colaborando en actividades divulgativas e sociais arredor deste acontecemento único.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.



