O Vicedo, 28 de maio, 2026. A realidade do Vicedo está marcada pola forte dispersión xeográfica, un factor que incrementa o risco ante unha parada cardiorrespiratoria. Nestes casos, o tempo é determinante: por cada minuto sen actuar, as posibilidades de supervivencia redúcense drasticamente.
Mentres o núcleo urbano conta coa proximidade do centro de saúde —onde xa debería existir este servizo—, as parroquias máis afastadas enfróntanse a distancias que poden resultar decisivas. Cabanas atópase a uns 20 minutos, Riobarba a uns 10, e a mesma necesidade de resposta rápida afecta a San Román, Mosende, Suegos e Negradas.
O BNG propón instalar un desfibrilador en cada local social
“O pleno de onte solicitámoslle ao alcalde e ao goberno do Partido Popular que o Concello valore e execute a adquisición e instalación dun desfibrilador semiautomático (DESA) en cada un dos locais sociais destas seis parroquias”, explicou o concelleiro e portavoz municipal, Miguel Gómez.
O BNG lembra que a inversión non se limita á compra do dispositivo. Un DESA de calidade custa entre 1.000 e 1.500 euros, e require un mantemento periódico:
Parches: caducidade de 2 anos, entre 50 e 80 euros.
Batería: duración de 4-5 anos, entre 200 e 300 euros.
Formación en RCP para a veciñanza
A eficacia destes equipos depende tamén de contar con persoas formadas para utilizalos. Por iso, o BNG propón que o Concello contacte coa Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 ou, se non é posible, que contrate instrutores acreditados para impartir cursos básicos de RCP e uso de DESA en cada parroquia.
O obxectivo é converter os locais sociais en espazos cardioprotexidos e facer do Vicedo un municipio máis seguro.
O BNG agarda resposta do alcalde
A pesar da importancia do asunto, o alcalde e o goberno do Partido Popular non se pronunciaron durante o pleno, polo que o BNG afirma descoñecer cal é a súa intención respecto a esta proposta.
Centro de Día do Vicedo: o alcalde négase a negociar coa Xunta
Outro dos puntos relevantes do pleno foi a moción do BNG para solicitar á Xunta a inclusión do Centro de Día do Vicedo no Consorcio de Servizos Sociais e Igualdade. Trátase dunha infraestrutura rematada hai anos, impulsada inicialmente polo propio BNG mediante a habilitación do antigo local do ISM.
O edil nacionalista Miguel Fraga criticou que o alcalde “fixese caso omiso” da moción e optase por unha “maniobra evasiva” ao substituír os puntos de acordo por unha proposta mínima de “intentar buscar financiamento externa”.
“Esta actitude non é de recibo. O alcalde escapa sempre dos problemas e non se implica nas demandas da veciñanza”, concluíu Fraga.





















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



