Marta Rouco lamenta un retraso “innecesario” que afectou ao funcionamento municipal e á tramitación de persoal, facturas e contratos do Concello
Vilalba, 12 de maio de 2026. O Concello de Vilalba aprobou inicialmente os orzamentos municipais de 2026 tras finalizar o prazo legal derivado da cuestión de confianza vinculada ás contas. A alcaldesa, Marta Rouco, lamentou o “retraso innecesario” provocado pola oposición, que mantivo bloqueado durante case dous meses un documento clave para o funcionamento municipal.
A rexedora explicou que esta demora afectou á posta en marcha de novas prazas de persoal, á tramitación de contratos e subvencións e ao pago de facturas, o que dificultou a capacidade do Concello para responder con axilidade ás necesidades da veciñanza. Rouco subliñou que “non existía unha alternativa real nin un proxecto diferente para Vilalba”, e que o bloqueo só serviu para atrasar cuestións importantes do día a día municipal.
Unha vez aprobados inicialmente, os orzamentos publicaranse no Boletín Oficial da Provincia para abrir o período de exposición pública. Se non hai alegacións, quedarán aprobados definitivamente; en caso contrario, será o pleno quen resolva as reclamacións.
A alcaldesa destacou a responsabilidade e estabilidade do goberno local durante todo o proceso e insistiu en que o executivo continuará centrado na xestión diaria e na resolución dos problemas reais da veciñanza. “Vilalba conta xa cunha ferramenta fundamental para avanzar con planificación, estabilidade e responsabilidade”, concluíu.
























Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.



