José Manuel Balseiro denuncia o “abandono” da actividade postal por parte do Goberno de Pedro Sánchez mentres o PSOE “vive instalado na autocompracencia e é incapaz de asumir a realidade que sofren veciños e traballadores”
Madrid, 12 de maio de 2026. O Partido Popular conseguiu hoxe no Senado sacar adiante, coa abstención do PSOE, unha iniciativa que censura o progresivo desmantelamento do servizo de Correos na provincia de Lugo e reclama ao Goberno de Pedro Sánchez medidas urxentes para reforzar os cadros de persoal, cubrir vacantes e garantir un servizo postal digno, especialmente no rural lucense.
O senador lucense José Manuel Balseiro defendeu na Comisión de Hacienda unha moción na que o Partido Popular se fai eco das queixas trasladadas desde hai meses por veciños, traballadores, autónomos, empresas e representantes municipais de toda a provincia ante o deterioro do servizo postal.
Balseiro denunciou que “o colapso de Correos en Lugo xa non é unha percepción nin unha denuncia illada da oposición; é unha realidade evidente que recoñecen incluso alcaldes e responsables políticos próximos ao propio PSOE”.
O popular advertiu de que a provincia sofre “menos persoal, atrasos acumulados, oficinas saturadas, sobrecarga laboral e baixas sen cubrir”, unha situación especialmente grave no rural, onde Correos segue sendo un servizo esencial para persoas maiores, pequenos negocios e municipios que xa padecen a perda doutros servizos públicos.
“O problema de Correos en Lugo non é a falta de demanda; é a falta de xestión e o abandono do Goberno de Sánchez”, afirmou.
Durante o debate, Balseiro criticou con dureza a actitude do PSOE, ao que acusou de “vivir instalado na autocompracencia mentres os veciños sofren as consecuencias deste deterioro da que é a primeira empresa pública en España: Correos”.
Neste sentido, rexeitou a emenda presentada polos socialistas ao considerar que “pretendía borrar as denuncias reais dos veciños e traballadores e substituílas por un relato propagandístico completamente afastado da situación que vive a provincia”.
“É inaceptable que pretendan substituír na súa integridade un acordo que non é froito do capricho do PP, senón que nace das queixas de veciños e traballadores”, indicou. E engadiu que “é case un insulto que, ante a magnitude dos problemas, propoñan seguir xestionando eficientemente os recursos humanos e materiais” cando “hai atrasos acumulados e non se cobren baixas nin xubilacións” e que “propoñan articular coberturas temporais e reforzar plantillas cando sexa preciso toda vez que non o están facendo”.
“Faltan carteiros, os propios traballadores denuncian unha presión laboral insoportable e os alcaldes de distintos colores políticos levan meses alertando do deterioro do servizo”, apuntou o popular.
Balseiro explicou tamén que “compartimos a importancia de reforzar servizos no rural” e, polo tanto, “podería ser razoable ese punto como adición, pero non como substitución dunha moción que denuncia problemas reais que o PSOE pretende negar”.
MENOS TRABALLADORES QUE HAI 6 ANOS
O senador popular lembrou ademais que as propias respostas oficiais do Goberno evidencian unha preocupante perda de efectivos na provincia. “Lugo ten hoxe menos traballadores de Correos que hai seis anos e 2025 rexistra o menor número de efectivos de toda a serie recente. Estamos ante un desmantelamento progresivo do servizo postal”, advertiu.
Balseiro insistiu en que o rural lucense “non necesita propaganda nin escusas” e esixiu ao Executivo central “cubrir todas as vacantes estruturais, substituír de forma automática as baixas e reforzar de maneira inmediata as unidades de reparto e oficinas da provincia”.
“O Goberno de Sánchez está máis preocupado por colonizar institucións e colocar perfís afíns que por garantir servizos públicos dignos. Mentres ocupan despachos en Madrid, os pobos de Lugo perden servizos esenciais”, concluíu.



















Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.



