José Osorio, voceiro do PP, recorda que os estatutos da Fundación establecen que “os órganos de goberno non poden ter retribucións”, polo que o alcalde realizou “diversos tejemanejes” para poder nomearse xerente e así autoasignarse unha retribución extra anual de case 20.000€
Ribeira de Piquín, 13 de maio de 2026. O voceiro do PP de Ribeira de Piquín, José Osorio, amosou publicamente as súas dúbidas sobre “o funcionamento” da Fundación Terreo, sobre a que se pregunta “que ten que agochar o alcalde” xa que “sistematicamente se dedica a poñer trabas ás nosas peticións de acceso” a documentación e expedientes desta Fundación.
José Osorio explica que hai poucos días que presentou un recurso de reposición contra a resolución de alcaldía pola que se denegaba o acceso aos expedientes de forma telemática e “unicamente se facilitaba a consulta en papel”. “Considero que esta decisión vulnera os meus dereitos como concelleiro e a miña labor de fiscalización do goberno local xa que hai documentación que como concelleiro teño o dereito de ter e non so consultar”, destacou.
No escrito presentado reclámase acceso íntegro e copia electrónica dos seguintes documentos:
– Estatutos da Fundación e documentación relativa á súa constitución, adscrición e réxime xurídico
– Composición do Padroado e acordos relativos á súa presidencia
actas, acordos, resolucións e decretos relativos á Fundación
– Contratos, encargos, convenios, nomeamentos ou títulos xurídicos en virtude dos cales o alcalde preste servizos retribuídos á Fundación
– Informes de Secretaría, Intervención ou doutros servizos xurídicos ou económicos
– Informes sobre compatibilidade, incompatibilidade, abstención ou conflito de intereses
– Expedientes de aprobación e fiscalización do gasto
– Facturas, nóminas, xustificantes de pagamento, recoñecementos de obrigas e documentación contable ou orzamentaria vinculada
– Contas anuais, memoria económica e demais documentación económico-financeira relacionada con tales pagamentos ou servizos
Deste xeito, o voceiro do PP pregunta “que ten que agochar o alcalde para poñer tantas trabas” xa que “sempre que pregunto sobre a Fundación aparecen problemas para poder acceder á documentación”. Ademais, denuncia que durante a consulta que realizou da documentación de forma presencial e da que non se facilitou copia algunha, “esixíuseme asinar un documento para que non puidese empregar nada da documentación consultada”, é dicir, “o propio alcalde quere impedir o noso traballo e que poidamos denunciar publicamente os seus tejemanejes”.
Neste senso, José Osorio recorda como “a pesar de que o alcalde non quere, xa fixemos público como emprega a Fundación Terreo para aumentar as súas retribucións mensuais”. O voceiro do PP en Ribeira de Piquín explica que os estatutos de goberno da Fundación establecen que os órganos de goberno da mesma deben de realizar as súas funcións de forma gratuíta, pero “a realidade é que o alcalde lle deu voltas aos estatutos ata atopar a forma de poñerse un sobresoldo de case 20.000€ anuais”.
A fórmula empregada polo alcalde de Ribeira de Piquín, e tamén presidente da Fundación, foi nomearse a el mesmo xerente da Fundación para así poder asignarse un salario “ao non ser un órgano de goberno”.
Unha situación que contrasta coa realidade da Fundación, “que é totalmente deficitaria”. A Fundación Terreo pechou o ano 2024 (son as últimas contas ás que tivo acceso o voceiro do PP en Ribeira de Piquín) cun déficit superior aos 131.000€.
Os ingresos nese exercicio foron de 242.538,93€ e unhas obrigas recoñecidas de 373.631,03€. “Queda claro para o alcalde non emprega a Fundación para xerar emprego e riqueza no municipio, e moito menos para asentar poboación; unicamente lle interesa para poder engrosar as súas retribucións cada mes”, denunciou.
“Vemos como como hai un desfase dun 35%, o que evidencia que a xestión do alcalde, presidente e xerente é moi mala. Cómpre cambiar o rumbo para que a Fundación cumpra o cometido para o que naceu”, sentenciou.





















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



