Lugo, 11 de maio de 2026. A Deputación de Lugo leva este venres ao concello de Foz o espectáculo Risas con perspectiva feminista, do dúo cómico Sobria e Serena. As referentes do humor galego Arantxa Treus e Jazmin Abuín conducirán un espazo de humor e reflexión cun ton crítico e irreverente que terá lugar na Casa da Cultura focense ás 19:00 horas. A entrada será libre e gratuíta, pero o aforo está limitado a 90 persoas.
Esta cita, que forma parte da programación feminista da Deputación de Lugo, xa parou no concello de Vilalba, poñendo o feminismo ao alcance de todas e todos cun humor comprometido. A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, destacou antes do espectáculo chairego que o obxectivo da programación provincial “é, ademais de informar, conectar coa cidadanía, facer pensar e contribuír a desmontar prexuízos”.
As humoristas Arantxa Treus e Jazmín Abuín contan cunha ampla traxectoria nos escenarios galegos, combinando monólogos, teatro e televisión cun estilo fresco, próximo e cheo de retranca. Ambas destacan pola súa capacidade para conectar co público a través dun humor actual e reivindicativo, converténdose en dúas das voces femininas máis recoñecidas da comedia en Galicia.
A concelleira Ana Rojo anuncia que “dentro da programación feminista que ven de lanzar a Deputación de Lugo, a Delegación de Muller de Foz acolle esta iniciativa, baixo un formato diferente de monólogos, cun humor comprometido, próximo é accesible, abordando cuestións e reflexións complexas, con outra perspectiva feminista. Historias reais e experiencias persoais contadas con humor e moita sátira; un espectáculo irreverente con enfoque crítico, unha proposta que vai máis alá do monólogo tradicional, combinando a través da comedia, o teatro e a música; invitando a reflexión sobre o papel da muller na sociedade actual, na educación e na cultura, a través dunha mirada crítica, linguaxe próximo e humor comprometido e terapéutico”.
Ana Rojo tamén explica que o espectáculo “está protagonizado por un dúo de artistas cómicas galegas: Jazmín Abuín e Arantxa Treus (Sobria e Serea. O Chou), dándolle un enfoque irreverente, mesturando monólogos con música e sátira, unha proposta que vai máis alá dos monólogos tradicionais. Por todo isto animamos ás veciñas e veciños a que se acheguen dispostos a pasar unha tarde de risas, desmontando prexuízos, con humor crítico, reflexionando sobre a igualdade de xénero e cuestionando o machismo dende o humor, con perspectiva feminista. A actuación dará comezo ás 19:00 e será ata 20.30 horas. Noventa minutos de risas, música e historias reais, coa participación dunha muller de referencia focega: dona Julia María López Neira (Julita da Pelola), que nos contará a súas vivencias, axudándonos a entender os logros acadados por xeracións de mulleres focegas, que loitaron e traballaron a reo nuns anos difíciles e de forte patriarcado. Por todas esas mulleres focegas que contribuíron a facer pobo esperámosvos o día 15 de maio para disfrutar do talento e do chou de Sobria e Serena. A entrada o evento será de balde”.






















Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.


