Foz, 18 de maio, 2026. A Garda Civil detivo tres persoas e investiga un menor pola súa presunta implicación nun altercado ocorrido o pasado 12 de maio na localidade lucense de Foz.
Nun primeiro momento, os axentes recibiron aviso dunha pelexa na que supostamente se estaban utilizando armas de fogo e armas brancas. As investigacións posteriores permitiron determinar que a arma de fogo era simulada e que a arma branca empregada consistía nun coitelo de cociña de grandes dimensións.
Durante o transcurso dos feitos, lanzáronse pedras contra o portador do coitelo, producíndose un enfrontamento entre os implicados.
Como resultado da investigación, a Garda Civil procedeu á detención de:
– Un mozo de 19 anos, como presunto autor dun delito de lesións, ao causar á vítima fractura de catro costelas. Segundo os investigadores, lanzou varias pedras e outros obxectos contundentes contra o portador da arma branca.
– Outro home de 51 anos, como presunto autor dun delito de lesións agravadas con arma branca. A investigación indica que tentou agredir en varias ocasións ao mozo anterior, sen chegar a consumar a agresión debido ás lesións que sufría —fractura de costelas e lesión nasal con perda de masa— tras recibir o impacto de varias pedras. Esta persoa denunciou posteriormente ameazas de morte.
– Un terceiro home de 31 anos, como presunto autor dun delito de provocación para cometer lesións, ao incitar publicamente ao agresor para que golpease na cabeza ao prexudicado, diante de numerosas persoas que presenciaban a escena.
A arma simulada resultou ser de categoría 4.1, con aparencia idéntica a unha arma de fogo real. Foi intervida o mesmo día dos feitos e depositada na Intervención de Armas de Burela.
As persoas detidas e o menor investigado serán postas a disposición xudicial e da Fiscalía de Menores.























Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



