A proposta do senador mariñán José Manuel Balseiro saíu hoxe adiante na Comisión de Transportes e Mobilidade Sostible
Madrid, 18 de maio de 2026. O senador popular mariñán José Manuel Balseiro esixiu dende a Comisión de Transportes e Mobilidade Sostible do Senado “catro cuestións moi claras: a instalación urxente do sistema láser, a ampliación das balizas antinéboa, o reforzo dos sistemas de detección e análise meteorolóxico e a adopción de todas as medidas necesarias para garantir unha circulación segura” na A-8 ao seu paso polo Fiouco”.
O popular asegura que “non podemos normalizar que a A-8 siga sendo unha autovía con seguridade de segunda” e lembra que “o Fiouco segue sendo un dos puntos perigosos de toda a A-8 porque foi mal deseñada dende o principio sendo ministro José Blanco que a levou polo punto máis alta da Transcantábrica”.
“As balizas antinéboa e o desvío automatizado son medidas parciais e insuficiente”. O propio Ministerio recoñeceu fai case 10 anos que a solución máis eficaz era o sistema de balizamento láser para guiar aos condutores en condicións extremas de falta de visibilidade despois dun concurso de ideas para estudar alternativas sendo ministra Ana Pastor.
Polo tanto, Balseiro preguntou “por que non se instalou neste tempo”. Así, “xa non estamos ante un problema técnico, senón político”. E asegurou que “o Goberno de Sánchez leva anos atrasando unha actuación urxente”. E engadiu que “os atrasos son unha falta de respecto aos condutores, aos veciños da Mariña e da provincia e ás vítimas de accidentes no Fiouco”.
O senador mariñán asegurou que “nos resulta sangrante aos veciños da zona que haxa diñeiro para recadar” porque “os radares de tramo do Fiouco están entre os que máis multan de Galicia e de España”. De feito, “o Goberno recoñeceu en resposta oficial que solo nun ano chegou a recadar máis de 1M€ ao ano en sancións”. Pero, cando se trata de investir en seguridade para evitar accidentes, Todo son atrasos, estudos e escusas”. Pero, “o urxente non é recadar, é evitar a próxima traxedia”.
O PSOE SEMPRE ELIXE A SÁNCHEZ ANTES QUE LUGO
“O senador Mogo sempre que ten que elixir entre Sánchez e Lugo, elixe a Sánchez”, condenou. E, en relación á redución ás horas de peche do tramo, asegurou que “unha cousa é reducir cortes e outra garantir a seguridade viaria. Segue sendo un perigo circular con visibilidade mínima”.
Balseiro afeou que “mentres o Goberno presume de estatísticas, os usuarios agardan dende fai anos polo sistema láser que o propio Ministerio considerou a mellor alternativa”.
EMENDAS
O PP aceptou incorporar ao acordo final a emenda do BNG na que solicita adecuar a N-634 como itinerario alternativo á A-8 en caso de néboa; aínda que lembrou que os nacionalistas “chegan tarde” xa que a mellora desta infraestrutura xa fora respaldada maioritariamente polo Senado en abril de 2025, grazas a unha iniciativa do PP que, daquela, non contou co apoio do BNG.
Por outra banda, rexeitou a emenda presentada polo PSOE ao considerar “unha tomadura de pelo” que pidan agora “axilizar algo que leva pendente dende o 2023, precisamente desde o momento no que o propio Goberno elixiu esta solución técnica”. Nese sentido, preguntouse “que fixo o Goberno de Sánchez en preto de 3 anos”.




















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



