A Mariña, 29 de xuño, 2026. A CIG Saúde A Mariña denunciou as condicións térmicas rexistradas nos centros de saúde de Foz e Alfoz durante a recente vaga de calor e reclamou á Xerencia da Área Sanitaria a adopción de medidas que garantan unhas condicións adecuadas tanto para o persoal como para pacientes e persoas usuarias.
Segundo explica o sindicato, ao longo da pasada semana detectáronse temperaturas superiores aos 27 ºC, acompañadas dun elevado índice de humidade, unha situación que, ao seu xuízo, incumpre a normativa vixente en materia de prevención de riscos laborais nos centros de traballo.
A organización sindical advirte de que estes valores superan o límite establecido para evitar situacións de tensión térmica, o que podería provocar problemas de saúde como mareos ou mesmo desmaios, afectando tanto ao persoal que desenvolve a súa actividade nas instalacións como ás persoas que acoden ao centro sanitario.
Ante esta situación, o delegado de Prevención de Riscos Laborais da CIG Saúde A Mariña, Juan Carlos Bouza Casanova, rexistrou un escrito dirixido á Xerencia da Área Sanitaria no que solicita información sobre este asunto. Entre outras cuestións, pregunta se o organismo é coñecedor das altas temperaturas que, segundo indica, se repiten cada verán, se se realizaron medicións oficiais nos centros e cales foron os rexistros obtidos.
Ademais, o sindicato solicita coñecer que medidas preventivas, paliativas ou definitivas foron adoptadas para eliminar o risco derivado da tensión térmica.
A CIG Saúde A Mariña advirte de que, se non se adoptan actuacións oportunas para corrixir esta situación, presentará unha denuncia ante a Inspección de Traballo por unha posible vulneración da Lei de Prevención de Riscos Laborais.





















Ao acto, que tivo lugar diante da sede da institución provincial, asistiron deputados e deputadas, membros da corporación provincial e empregados públicos, que gardaron un minuto de silencio como mostra de respecto e solidariedade coas persoas afectadas pola catástrofe. A Deputación quixo así unirse ao chamamento realizado pola FEMP en toda a España, expresando o seu apoio ao pobo venezolano nestes momentos de especial dificultade.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, visitouna no seu domicilio para felicitala e entregarlle un ramo de flores en nome de toda a veciñanza. Nada en Sargadelos e veciña de Cervo, foi a máis nova de dez irmáns e desde moi nova traballou no campo e coidou dos animais, sempre cun gran espírito de esforzo. Nai, avoa e bisavoa, a súa familia destaca a súa alegría, enerxía e bo humor. Moi activa ao longo da súa vida, gozaba de viaxar, da praia, de conducir e de participar nas actividades municipais, ademais de cultivar a súa paixón por cantar. Coqueta, sorrinte e cun espírito novo, Benedicta é hoxe un exemplo de vitalidade para todo o municipio.
O Pazo de San Marcos acolleu a conferencia final, de Manuel Andrade Baliño, e a entrega de premios ás alumnas e alumnos que obtiveron mellores valoracións nas probas que realizaron, o xoves, individuais, na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, e o venres, por equipos, en Mondoñedo. A final do certame, cunha axenda complentaria que achegou ás rapazas e rapaces ao patrimonio e á cultura, celebrouse por primeira vez en Lugo da man da Asociación Galega de Profesorado de Matemáticas (Agapema) e coa colaboración da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación.
Por este motivo, o Concello recomenda ás persoas, colectivos e entidades que precisen facer uso dalgunha instalación municipal ou solicitar material que presenten as súas peticións coa antelación necesaria. A medida permitirá organizar adecuadamente a atención das solicitudes e a planificación dos recursos municipais.
Dentro desta programación, o martes 30 de xuño ás 11:00 celebrarase na Casa da Cultura unha charla divulgativa impartida pola astrofísica Lucía González Cuesta, aberta a toda a veciñanza. A iniciativa enmárcase no programa provincial que busca ofrecer información rigorosa e garantir unha observación segura. Durante a xornada repartiranse folletos e gafas homologadas. A alcaldesa, Marta Rouco, destaca o carácter histórico do eclipse e anima a participar para vivilo con seguridade. O Concello lembra que só deben empregarse gafas específicas para mirar ao sol e continuará colaborando en actividades divulgativas e sociais arredor deste acontecemento único.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.


