Os deputados populares tamén propoñen que o goberno provincial asuma o compromiso de ampliar o Museo Provincial do Mar que xestiona a Deputación e actualmente non dispón de espazo suficiente para mostrar todo o valioso legado que se conserva dando resposta á proposta do Concello de Cervo que xa trasladou a súa disposición para ceder os terreos necesarios
Lugo, 29 de xuño de 2026. Os deputados do Grupo Provincial Popular defenderán no Pleno deste martes dúas iniciativas: unha para prohibir que a Deputación asuma o custe da defensa de calquera político ou persoal acusado de delitos sexuais, como é o caso de José Tomé, ou que vulneren os dereitos das mulleres e outra para instar ao goberno provincial a ampliar o Museo Provincial do Mar situado en San Cibrao (Cervo) atendendo a petición do Concello que se ofrece a ceder o terreo, unha vez rematados os trámites administrativos e urbanísticos.
O voceiro provincial, Antonio Ameijide, lembra que “Tomé ten solicitado que a Deputación de Lugo asuma, cos cartos de tódolos lucenses, o custo -cunha previsión de 37.000€- da súa defensa polo caso dun presunto acoso sexual” polo que esixe a PSOE e BNG a “posicionarse e dicir claramente se están do lado dos lucenses ou se prefiren blindar os intereses particulares de José Tomé”.
O popular pregúntase “se este pago é unha das condicións impostas por Tomé para apoiar a investidura de Carmela López” e “se o BNG, despois de asegurar que a Deputación non lle ía pagar os seus avogados, agora si o vai permitir”.
Por outra banda, os deputados populares propoñen que o goberno provincial de PSOE e BNG dea contestación e atenda a petición do Concello de Cervo para que a Deputación de Lugo amplíe o Museo Provincial do Mar que xestiona en San Cibrao. “O que pedimos é que cumpran co seu compromiso, unha vez que o Concello da realizou os trámites administrativos e urbanísticos necesarios e está en disposición de ceder os terreos á Deputación para a ampliación deste espazo museístico e a posterior xestión da mesma”, explica Ameijide.
O popular recorda que o Museo Provincial do Mar de San Cibrao pon de relevo a fonda tradición mariñeira do municipio recollendo a historia de pescadores e pescantinas, navegantes e cazadores de baleas, redeiras e carpinteiros de ribeira, e tamén a biodiversidade do medio marítimo. Trátase dun “importante foco de interese cultural e turístico”, pero o edificio actual non dispón de espazo suficiente para mostrar todo o valioso legado que se conserva polo que “é necesaria unha ampliación para poder expoñer os fondos dispoñibles”.
ROGOS E PREGUNTAS
Os deputados populares tamén se dirixirán ao goberno provincial no Pleno deste martes para que dea explicacións sobre o seu incumprimento cos veciños e veciñas de Folgoso do Courel. E concretamente, agardan explicacións sobre as medidas que ten previsto adoptar o goberno provincial despois de que o Concello de Folgoso de Courel acordara resolver o Convenio coa Deputación de Lugo para a construción da residencia de maiores e declarar a reversión dos terreos; á vista de que o goberno provincial de PSOE e BNG non deu os pasos necesarios para que a obra puidera estar licitada, adxudicada, contratada, executada, rematada e recibida antes do 26 de xullo de 2026, data na que remata o prazo final da vixencia.
A falta de mantemento e conservación das estradas provinciais tamén será un dos temas a abordar no vindeiro Pleno da man do Grupo Provincial Popular. Os deputados do PP esixen que o goberno de PSOE e BNG aclare en que data está previsto rematar o arranxo anunciado da LU-P-4707 ao seu paso pola Pobra do Brollón, que leva anos nun estado practicamente intransitable e provocando danos nos vehículos; e se prevén usar materiais que garantan a durabilidade do firme.
Así mesmo, os populares tamén esixirán que o goberno provincial cumpra o seu deber de manter en condicións de seguridade as vías provinciais do municipio de Baleira atendendo o requirimento do Concello que advirte do seu “neglixente” estado, especialmente da LU-P-0401 por onde circula o bus escolar e que presenta numerosos buratos de grandes dimensións.
Igualmente, esixen que o goberno da Deputación que arranxe as deficiencias do paseo do Miño e acometa en tempo e forma os traballos de mantemento e conservación para garantir a seguridade dos usuarios ao mesmo tempo que se pon en valor un recurso natural como é o río Miño.

























Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



