Cervo, 28 de xuño, 2026. A praia do Torno xa loce desde este mediodía a Bandeira Azul, un distintivo que recoñece a calidade das súas augas, dos servizos que presta e do seu compromiso coa conservación ambiental.
No acto oficial de izado participaron a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés; a concelleira Mali Méndez; e os edís Alfredo Fernández e Adrián Arias, acompañados por numerosos veciños e veciñas, representantes de diferentes asociacións do municipio e os socorristas que velarán pola seguridade dos areais cervenses durante os vindeiros meses.
A cerimonia estivo amenizada por música tradicional, creando un ambiente festivo para celebrar un recoñecemento que volve situar á praia do Torno como un referente de calidade no litoral galego.
A alcaldesa, destacou que “a Bandeira Azul é un orgullo para todo o municipio e o resultado dun traballo constante que realizamos ao longo de todo o ano para manter a praia do Torno nas mellores condicións”. Neste senso, agradeceu “o esforzo e a implicación do persoal municipal, dos servizos de limpeza e mantemento, dos socorristas e tamén o comportamento exemplar dos usuarios da praia, porque conservar este distintivo é unha responsabilidade compartida”.
A alcaldesa quixo lembrar tamén que, aínda que a praia do Torno é a única do municipio que conta co distintivo de Bandeira Azul, “todos os areais do noso concello destacan pola calidade das súas augas e pola beleza da súa contorna natural. Desde o Concello traballamos para que todas as praias estean nas mellores condicións durante todo o ano, ofrecendo espazos limpos, seguros e preparados para que veciños e visitantes poidan gozar delas con todas as garantías”.
A rexedora aproveitou tamén para desexar “un excelente verán a veciños e visitantes, confiando en que gocen da nosa costa con responsabilidade e respecto polo medio natural”.
Co izado da Bandeira Azul dáse oficialmente a benvida á tempada estival no municipio.


























Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xoves dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



