Alfoz, 28 de xuño, 2026. O Concello de Alfoz continúa apostando pola posta en valor do seu patrimonio histórico, cultural e natural coa organización dun novo roteiro dentro do programa “Polos Camiños do Mariscal”, unha iniciativa que busca achegar á veciñanza e ás persoas visitantes os recunchos máis emblemáticos do municipio.
Nesta ocasión, a actividade leva por título “Roteiro Pazos e Lugares Senlleiros” e celebrarase o sábado 4 de xullo. O percorrido terá uns 6 quilómetros, cunha dificultade baixa, pensado para que poida ser desfrutado por persoas de todas as idades.
Ao longo do itinerario, as persoas participantes descubrirán diferentes pazos, espazos naturais e elementos singulares da historia de Alfoz, coñecendo de primeira man o rico legado patrimonial que caracteriza o concello.
A actividade é gratuíta, pero conta con prazas limitadas, polo que é necesaria inscrición previa.
A alcaldesa e responsable de Turismo, Efigenia Maseda, destacou que “este tipo de iniciativas permiten descubrir un Alfoz diferente, poñendo en valor o noso patrimonio histórico, arquitectónico e natural dunha forma dinámica e participativa. Queremos que tanto a veciñanza como quen nos visita coñezan a riqueza que agocha cada parroquia do noso concello”.
Maseda engadiu que o programa “Polos Camiños do Mariscal” se consolidou como unha proposta que combina turismo, cultura e natureza, contribuíndo a dinamizar o territorio e a reforzar o orgullo de pertenza á historia e ao patrimonio local.
O Concello de Alfoz anima a todas as persoas interesadas a participar nesta nova experiencia, organizada en colaboración con Guía Tu Día, lembrando que as reservas deben realizarse a través do teléfono habilitado para a actividade.























Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



