Segundo a información recollida, a totalidade dos gardas civís destinados na unidade atópanse de baixa, quedando o posto sen capacidade para xerar patrullas propias
O Vicedo, 24 de xuño de 2026. Os senadores do Partido Popular por Lugo, José Manuel Balseiro e José Manuel Barreiro e Juan Serrano, veñen de rexistrar unha iniciativa no Senado para esixir explicacións ao Goberno de Sánchez pola grave situación que atravesa o posto da Garda Civil do Vicedo e reclamar medidas urxentes que permitan recuperar a súa plena operatividade.
Neste momento a totalidade dos gardas civís destinados nesta unidade atoparíanse de baixa, afectando a todas as prazas de gardas existentes no posto. Esta circunstancia deixaría a unidade reducida operativamente á presenza dun Cabo Primeiro, sen efectivos suficientes para xerar patrullas propias, atender con normalidade as demandas da cidadanía ou asumir con medios propios os servizos ordinarios que ten asignados.
Para os senadores populares, trátase dunha situación “extraordinariamente grave” que evidencia os problemas de falta de persoal que afectan a numerosos postos da Garda Civil na provincia de Lugo.
“Resulta incomprensible que o Goberno de Sánchez permita que un posto da Garda Civil poida quedar sen capacidade operativa efectiva durante un período prolongado de tempo. Estamos a falar dun servizo esencial para a seguridade dos veciños e para a atención das incidencias cotiás”, sinalan.
Os populares advirten de que, nas actuais circunstancias, o posto do Vicedo dependería practicamente por completo do apoio doutras unidades para atender incidencias, realizar labores preventivas e manter a presenza policial no seu ámbito territorial.
Ademais, subliñan que esta situación adquire unha especial relevancia nun municipio costeiro como O Vicedo, onde a poboación experimenta un forte incremento durante os meses de verán debido á chegada de turistas e ao regreso dos propietarios de segundas residencias.
“A coincidencia entre o aumento estacional da poboación e a práctica ausencia de capacidade operativa propia da unidade supón un evidente risco de desatención e compromete a capacidade de resposta ante emerxencias, incidencias ou requirimentos de auxilio nun dos períodos de maior actividade do ano”, denuncian.
Os senadores do PP de Lugo consideran que a situación do Vicedo é un exemplo especialmente preocupante do progresivo deterioro que sofren os servizos da Garda Civil no rural lucense e reclaman ao Ministerio do Interior que abandone a súa “política de resignación” ante a falta de efectivos.
A través da iniciativa rexistrada no Senado, solicitan coñecer que medidas urxentes pensa adoptar o Goberno para restablecer a plena operatividade do posto, que actuacións prevé desenvolver para recuperar os efectivos contemplados no catálogo e que unidades están asumindo actualmente os servizos correspondentes ao ámbito territorial do Vicedo.
“O rural non pode ser un territorio de segunda en materia de seguridade. Os veciños da Mariña teñen dereito á mesma protección e á mesma capacidade de resposta que calquera outro cidadán. O Goberno debe actuar de inmediato antes de que esta situación continúe deteriorándose”, conclúen os senadores lucenses.






















A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



