Barreiros, 19 de xuño de 2026. A tenente de alcaldesa e concelleira socialista de Servizos Sociais de Barreiros, Carmen Veiga, destacou hoxe a boa acollida do programa ‘E para dixitalizarse Lugo’, impulsado pola Deputación Provincial de Lugo, que onte celebrou a entrega de diplomas ás persoas participantes.
Segundo explicou Veiga, esta iniciativa tiña como obxectivo reducir a fenda dixital no rural e facilitar o acceso da poboación ás novas tecnoloxías, achegando formación dixital á veciñanza de diferentes puntos do municipio.
Dende o PSdeG de Barreiros puxeron en valor o papel da concelleira socialista na promoción deste programa no municipio, enmarcado na liña de traballo que desenvolve á fronte dos Servizos Sociais para achegar recursos útiles á veciñanza, especialmente ás persoas maiores e á poboación das parroquias.
Durante os obradoiros, as persoas participantes recibiron formación práctica sobre o manexo dos teléfonos móbiles, o uso de aplicacións e a realización de xestións dixitais cotiás. A formación prestou especial atención ao uso seguro da banca electrónica, unha cuestión cada vez máis presente no día a día e que pode xerar dificultades entre a poboación con menos competencias dixitais.
Veiga subliñou que “non se trata só de aprender a usar un móbil, senón de gañar autonomía e seguridade para facer xestións básicas sen depender sempre doutras persoas”. Neste sentido, incidiu en que reducir a fenda dixital “tamén é defender a igualdade de oportunidades no rural”.
A concelleira socialista destacou ademais que a formación se impartiu en San Cosme, Celeiro de Mariñaos e San Xusto, o que permitiu achegar o programa a distintas zonas do municipio e facilitar a participación da veciñanza.
Dende o PSdeG agradeceron a colaboración das asociacións veciñais de Celeiro de Mariñaos e San Xusto, cuxa implicación foi fundamental para desenvolver os cursos nas súas respectivas contornas. “A colaboración co tecido asociativo é imprescindible para que os recursos cheguen a máis xente e para que as políticas públicas teñan impacto real nas parroquias”, sinalou Veiga.
A responsable socialista deu tamén os parabéns ás persoas participantes “polas ganas de seguir aprendendo” e defendeu a importancia de continuar impulsando iniciativas deste tipo en Barreiros. “O acceso ás novas tecnoloxías e a mellora das competencias dixitais son fundamentais no noso día a día para non quedar atrás, e dá gusto ver a tanta xente implicada en seguir formándose”, engadiu.
O PSdeG de Barreiros subliñou que “a boa acollida do programa reafirma a importancia de seguir promovendo formación continua, igualdade de oportunidades e recursos útiles para toda a veciñanza, independentemente da parroquia na que resida”.
























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



