Burela, 7 de xullo de 2026. A Casa da Xuventude de Burela acollerá mañá, mércores 8 de xullo, unha xornada de portas abertas de Fútbol na rúa, unha actividade gratuíta coa que a mocidade poderá coñecer de primeira man unha das propostas incluídas na programación de verán das Casa da Xuventude.
O primeiro tenente de alcaldesa e concelleiro de Xuventude, Mario Pillado, anima á mocidade a participar nesta xornada, sinalando que “é unha boa ocasión para achegarse á Casa da Xuventude, coñecer unha das actividades programadas e comprobar todo o que temos preparado para este verán”.
Dende o Concello lembran tamén que o prazo de inscrición para participar nas actividades de verán da Casa da Xuventude permanecerá aberto ata este venres, 10 de xullo. A programación, dirixida a rapaces e rapazas nados entre 2008 e 2014, comezará o 13 de xullo ata o 27 de agosto, con propostas gratuítas de xogos populares e tradicionais, robótica, fútbol na rúa e diversión matemática en horario de 10.00 a 13.00 horas, agás Fútbol na rúa, que será de 11.00 a 13.00 h.
As inscricións poden realizarse a través do correo electrónico casaxuventude@burela.org, de forma presencial no Concello de Burela ou chamando ao teléfono 982 58 60 00.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



