A cita celebrarase na madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto nos Xardíns Noriega Varela e contará coa actuación da Discomóbil Hermo
Viveiro, 29 de xullo de 2026. O Concello de Viveiro celebrará na madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, a partir das 00:15 horas, unha nova edición da Festa da Xuventude, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela e contará coa actuación da recoñecida Discomóbil Hermo.
A iniciativa forma parte da programación da área de Xuventude do Concello de Viveiro e conta coa colaboración da Xunta de Galicia. O obxectivo é ofrecer unha alternativa de lecer atractiva para a mocidade e dinamizar as noites de verán, convertendo esta cita nun punto de encontro para veciños e visitantes.
Nesta edición, a festa contará tamén coa implicación da nova directiva da Sociedade Deportiva Viveiro, que asumirá a xestión da cantina. A recadación obtida destinarase integramente a apoiar o inicio da nova tempada deportiva do club, reforzando así a colaboración entre o Concello e o tecido asociativo local e demostrando que o lecer tamén pode contribuír ao impulso das entidades deportivas do municipio.
A alcaldesa de Viveiro, Mariña Gueimunde, destacou que “a Festa da Xuventude é unha cita xa consolidada do verán viveirense e un exemplo de como podemos unir ocio, convivencia e apoio ás nosas asociacións. Queremos agradecer á nova directiva da SD Viveiro a súa implicación nesta iniciativa, que permitirá contribuír ao inicio dunha nova tempada deportiva e seguir fortalecendo o tecido asociativo da nosa vila”.
A rexedora engadiu que “desde o Concello seguimos apostando por actividades pensadas para a mocidade que, ademais de ofrecer alternativas de lecer de calidade, teñan un retorno positivo para a vida social e deportiva de Viveiro”.
Desde o Concello anímase á cidadanía, especialmente á mocidade, a participar nesta cita festiva e a desfrutar dunha noite de música, convivencia e bo ambiente nun espazo pensado para compartir o verán de maneira responsable.



























A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en
O evento reunirá artistas e agrupacións que representan a tradición musical da zona, nunha xornada pensada para reivindicar a historia sonora do Val e o legado das súas xeracións de músicos. A programación inclúe un obradoiro musical gratuíto para nenos de 5 a 12 anos, unha mesa redonda moderada polo escritor Lionel Rexes e unha ampla quenda de concertos con participación de intérpretes e grupos vinculados ao territorio. Durante todo o festival poderá visitarse a exposición fotográfica Aquí segue soando a música, que recolle imaxes antigas e actuais para mostrar a evolución musical da comarca desde comezos do século XX ata hoxe. A iniciativa conta coa colaboración do Concello do Valadouro, o Concello de Alfoz, a Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e o CENTRAD.
As persoas que non puideron obter a súa entrada durante o período de reserva anticipada poderán recoller as entradas restantes o propio día da función, mércores 5 de agosto, a partir das 20:00 horas, na taquilla do Teatro Pastor Díaz. A entrega realizarase ata completar a capacidade do recinto, cun máximo de catro entradas por persoa. O Concello de Viveiro agradece a excelente acollida que está a ter esta representación e lamenta as molestias que esta situación poida ocasionar.
Arxentina de nacemento e viveirense de corazón, retomou en Galicia a súa vocación artística e atopou na escultura a súa forma de expresión. A súa obra céntrase en figuras humanas cargadas de emoción, en soidade ou en relación cos outros. A exposición reúne pezas seleccionadas e premiadas en certames de Madrid, Barcelona, Valdepeñas e Florencia nos últimos oito anos, que agora regresan —como a súa autora— á casa. Poderá visitarse ata o 29 de agosto.



