Ribadeo, 8 de xullo, 2026. Lola Bouso Galocha, Cidre Nonide García, Gael Bouso Galocha e Xoel Nonide García, xogadores do Club Hockey Liña Isla Pancha, participaron en Jaca no torneo internacional de alto nivel Capibaras Cup. O evento reuniu centos de deportistas en máis de 86 equipos, desde a categoría U8 ata senior, masculino e feminino, que disputaron máis de 160 partidos entre o 2 e o 5 de xullo no Pavillón de Xeo de Jaca e outros polideportivos locais con pista oficial.
Os catro xogadores gozaron dunha experiencia deportiva e social extraordinaria, e ademais dous deles acadaron medalla:
Lola Bouso Galocha logrou a prata en U8 co equipo Rudos Team, tras disputar a final contra o Club de Xeo de Jaca.
Cidre Nonide García (Cidre 07) obtivo o bronce en U10 co equipo Capibaras Galicia, despois de enfrontarse en semifinais aos Skeletons.
Pola súa banda, Gael Bouso Galocha competiu en U12 con Rudos Team K7.
Xoel Nonide García participou en U16 con Rudos Team K9 e tamén en categoría senior, formando parte do equipo Txuches Timers, enfrontándose a deportistas de elite e de gran nivel.
A participación destes catro xogadores nun torneo internacional de referencia pon en valor o crecemento do hockey liña na comarca e o labor formativo do Club Hockey Liña Isla Pancha.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.

