A conselleira do Mar, Marta Villaverde, participou no Consello Consultivo de Política Pesqueira e Agrícola para Asuntos Comunitarios, onde afeou a Madrid que responda cunha comisión de estudo “centralista” que move cero euros en apoios directos
Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2026. A conselleira do Mar, Marta Villaverde participou hoxe no Consello Consultivos de Política Pesqueira e Agrícola para Asuntos Comunitarios, preparatorios para o vindeiro Consello de Ministros da Unión Europea do 13 de xullo. Na xuntanza, celebrada por videoconferencia, a responsable autonómica aproveitou este foro de interlocución directa para trasladar o seu firme rexeitamento ante o enfoque centralista adoptado polo Goberno central no seu último decreto de urxencia.
En concreto, a titular de Mar centrou as súas críticas na Disposición Adicional Octava do Real Decreto-lei 18/2026, de 29 de xuño. Villaverde denunciou que esta medida constitúe unha flagrante invasión de competencias en materia de ordenación marisqueira. Tamén censurou que o Ministerio pretenda “tutelar” a xestión ambiental do litoral dende Madrid a través dun Comité de Asesoramento que relega a un papel secundario ao Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar) e ás universidades galegas, ignorando de forma consciente que a comunidade xa posúe unha das redes de control oceanográfico máis avanzadas de Europa.
Do mesmo xeito, a conselleira do Mar tachou a resposta do Goberno central de “puramente burocrática” e acusouno de meter “con calzador” as consecuencias climatolóxicas sufridas polo sector galego dentro dun plan motivado pola crise internacional de Oriente Medio, todo para xustificar un pacto político de investidura sen achegar ningunha solución real.
Marta Villaverde lamentou profundamente que este mandato mobilice “cero euros” para os profesionais do mar en Galicia, o que supón unha discriminación arbitraria fronte a outras comunidades autónomas onde o Goberno central si tivo a dilixencia de mobilizar fondos e axudas directas polo impacto dos temporais.
Mentres a Administración autonómica ten que asumir en solitario e con fondos propios as medidas de apoio ao sector e ás persoas mariscadoras afectadas pola paralización da actividade extractiva, o Goberno central limítase a encargar informes, polo que Galicia esixiu que se respalde de verdade ao sector en igualdade de condicións que ao resto do Estado.

















Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveitou esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebrou o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa contou coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.



