Burela, 7 de xullo, 2026. O Reyco Burela FS contará con dúas pezas clave para afrontar a próxima tempada en Segunda División. Javier Pardeiro (Burela, 1974) dirixirá o equipo feminino, mentres que Juanma Marrube (Alfoz, 1979) continuará á fronte do masculino tras a súa chegada a finais de decembro. Ambos os técnicos formalizaron o seu compromiso para os tres vindeiros exercicios, acompañados polo presidente, José Luis Sáez Castro.
Pardeiro, protagonista das grandes tardes do equipo feminino nos seus primeiros anos —as históricas Soles Laranxas e Guerreiras—, retoma un proxecto sénior despois de varias tempadas dedicadas á formación de base na Mariña, tanto na ACD Xove como no Burela FS. Con oito anos no banco masculino e catro no feminino, achega un profundo coñecemento da entidade e do sentir laranxa.
“É o momento no que temos que reforzar esa enerxía e vitalidade que sempre tivo o fútbol sala de Burela. É o momento de axudar, de ser conscientes de que todos sumamos”, explicou Pardeiro, quen se amosou moi ilusionado: “Afronto este reto con ganas, ilusión e convicción. O club viviu momentos difíciles, pero vexo moita xente implicada para que siga adiante. Intentaremos conformar o equipo máis competitivo posible para que a xente disfrute cada sábado”.
Pola súa banda, Juanma Marrube, inmerso no proceso de transformación iniciado a finais de 2025, puxo o foco no valor humano e na forza do grupo: “Demostramos que é posible derrubar muros que parecían insalvables. Moita xente sostén este proxecto dende o corazón e así é como aparecen os resultados”, afirmou o Mariskal, destacando o crecemento do equipo: “Conseguimos a permanencia, si, pero gañamos algo máis valioso: recuperamos identidade, ilusión e confianza, e empezamos a construír unha convicción colectiva”.
“O Burela FS ten unha historia da que sentirnos orgullosos, pero a nosa responsabilidade é construír a seguinte”, engadiu: “Renovo coa mesma ilusión coa que volvín, reafirmo o compromiso co club da miña vida e cunha convicción maior: o futuro do Burela depende de seguir crendo, medrando e construíndo xuntos”.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu a aposta dos dous técnicos: “Javi e Juanma son figuras fundamentais na historia desta estrutura. A súa vontade de estar no Burela neste momento, de axudar a superar retos e obstáculos, é unha mostra da súa calidade humana e profesional. Pertencer á Familia Laranxa deixa un vínculo especial, e iso é o que nos fai sumar forzas para seguir pelexando polo fútbol sala”.




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.

