Cervo, 2 de xullo, 2026. O Concello de Cervo impartiu unha acción formativa de reciclaxe e actualización no uso do desfibrilador externo semiautomático (DESA), dirixida ao persoal da Piscina Municipal, co obxectivo de reforzar a súa preparación para actuar con eficacia ante posibles situacións de emerxencia.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, asistiu a unha das sesións prácticas para coñecer de primeira man o desenvolvemento do curso e salientar a importancia de contar con profesionais formados e permanentemente actualizados en primeiros auxilios e soporte vital básico. Subliñou que “a formación continua é fundamental para garantir unha resposta rápida e eficaz ante unha emerxencia sanitaria, especialmente en instalacións deportivas e de lecer que reciben cada día a persoas de diferentes idades”. Engadiu que “a capacidade de reacción nos primeiros minutos pode resultar determinante para salvar unha vida”.
O curso, homologado e adaptado ás recomendacións máis recentes en reanimación cardiopulmonar e desfibrilación, combina contidos teóricos e prácticos orientados a reforzar as competencias dos participantes no manexo do desfibrilador e na aplicación dos protocolos de actuación ante unha parada cardiorrespiratoria. A formación segue as últimas guías en soporte vital básico e desfibrilación externa semiautomática, e conta coa acreditación oficial da Sociedade Española de Medicina de Urxencias e Emerxencias (SEMES) e da Sociedade Española de Reanimación Cardiopulmonar (SERCP).
Desde o Concello de Cervo destacan que este tipo de iniciativas contribúen a mellorar a seguridade das instalacións municipais e a ofrecer un servizo de maior calidade á veciñanza, garantindo que o persoal dispoña dos coñecementos e habilidades necesarios para actuar con rapidez, seguridade e eficacia en situacións críticas.
Aposta pola cardioprotección en todo o municipio
Esta acción formativa enmárcase na aposta do Concello de Cervo por converter os seus edificios e instalacións municipais en espazos cardioprotexidos. Actualmente dispoñen de desfibriladores externos semiautomáticos na Casa do Concello, Casa da Cultura, nave municipal de obras, CEIP Península da Paz, IES Marqués de Sargadelos, Piscina Olímpica Municipal, Escola Infantil Municipal (Casa do Mar), campo de fútbol e pavillón da Veiga.
Ademais, o Concello conta cun DESA nun vehículo municipal para garantir unha resposta rápida en calquera punto do municipio e, durante a tempada de baño, outro dispositivo na praia do Torno. A esta rede súmanse os desfibriladores do Centro de Día, da Residencia de Maiores e o equipo propio do CEIP de Cervo.
O Goberno local continúa traballando para ampliar esta cobertura, co obxectivo de dotar tamén os locais sociais municipais de desfibriladores nos vindeiros meses, reforzando así a seguridade e a capacidade de resposta ante emerxencias en todo o termo municipa


























Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.



