Ribadeo, 5 de agosto de 2026. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo apoia a quinta edición do Festival de Cine Curto de Ribadeo, que se celebrará desde mañá ata o sábado.
O certame, organizado pola asociación Areas Movedizas, reúne na sección competitiva oito curtametraxes de Galiza e Asturias, que se proxectarán o venres – 7 de agosto , ás 20.00 horas – no Cine de Ribadeo. Trátase de producións de diferentes temáticas e estilos, cun percorrido destacado noutros festivais estatais, que competirán polo Premio do Xurado Profesional e polo Premio do Público.
A deputada de Cultura Iria Castro amosou o seu apoio ás organizadoras do certame, valorando que “se consoliden iniciativas que inciden na distribución e na proxección da creación audiovisual propia”. A responsable provincial destacou que “ao longo de todo este ano, no que por primeira vez se celebraron en Lugo os Premios Mestre Mateo, vimos destacando a puxanza do audiovisual galego e lucense. Para que se sosteña, son necesarias propostas como esta, que acheguen as súas producións ao público, mais se falamos de curtametraxes, que non están presentes nos circuítos comerciais convencionais”.
O Festival inclúe nesta quinta edición unha xornada inaugural ao aire libre – 6 de agosto, ás 20.00 horas – no aprque de San Francisco, coa proxección das curtametraxes gañadoras das últimas catro edicions – “Una historia azul”, de Mónica Arnanz; “Nena”, de Xosé A. Touriñán e Jairo Iglesias; “Esto no es Noruega”, de Paco Cavero e Alicia Albares; e “Monstera”, de Diego R. Aballe – e un concerto de O Xoán, o proxecto musical do actor Xoán Fórneas, Premio Mestre Mateo pola interpretación de Castelao na tamén premiada “Antes de Nós”.
O intérprete chairego será ademais o padriño desta quinta edición do certame, que se clausurará o sábado – 8 de agosto, ás 20.00 horas – cunha gala final no Teatro de Ribadeo, con entrega de premios ás producións galardoadas e un concerto de bandas sonoras a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo.
























Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.


