Ribadeo, 17 de outubro de 2026. Ribadeo sanciona a quen deixa abandonados os excrementos do seus animais na vía pública.
A concelleira de Seguridade, Montse Seijo, explicou que “dende o Concello de Ribadeo seguimos vixiando certos comportamentos de donos de cans, que non recollen os excrementos dos seus animais. Seguimos sancionando a esas persoas que non respectan a ordenanza municipal”.
E fai unha chamada ao respecto e ao civismo das persoas: “apelamos ao civismo e ao respecto. Recoller os excrementos non é só unha cuestión de limpeza, que tamén. É unha forma de respectar aos nosos nenos, aos nosos maiores, aos veciños e veciñas e ás persoas que nos visitan, que cada vez son máis os que veñen vernos”.
Seijo subliñou: “dende aquí pedimos máis compromiso individual para velar por un interese común, responsabilidade compartida para manter un Ribadeo limpo e maior, entre todos podemos conseguilo”.



















Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



