Burela 2-1-19. Dende a Sociedade Cultural Ledicia queremos aproveitar esta data para desexar á veciñanza un próspero ano; esperando que non falte o ánimo e a ilusión por compartir novos proxectos e manter os que xa son tradicionais.
Tivemos un intenso mes de decembro, onde os principais protagonistas foron os grupos infantis da asociación, que participaron en festivais de nadal en O Vicedo (convidados polo grupo Os do 21) e Cangas (convidados polo grupo A Subela); asi como en varios centros escolares e residencias de maiores.
No entanto, outro grupo de persoas estabamos a traballar nos preparativos da Cabalgata de Reis, que terá lugar o vindeiro 5 de xaneiro segundo o percorrido habitual. Antes da saida das carrozas, os Reis faran varias visitas especiais para achegar a ilusión a persoas que pola sua situación non poden disfrutar na rúa da maxia deste tradicional día, e ás 7 da tarde sairán dende a Rua do Ril (Local Social de Ledicia) pasando por Arcadio Pardiñas,- Eijo Garay- Rosalía de Castro e Pardo Bazán, para visitar o Belén Vivinte que se instalará na carpa da praza da Mariña e onde recibirán as peticións de nen@s e maiores.
Ali compartiremos con CCA Burela da Rosconada de Reis, que ofrece ao públlico a posibilidade de conseguir moitos agasallos nas racións de chocolate con roscón que se repartirán a precios populares.
Para o bo desenrolo desta actividade, contamos coa colaboración e supervisión do Concello de Burela, que aportará tamén os caramelos que se repartirán ao longo do percorrido e dos que tod@s poderán disfrutar, xa que serán caramelos sen glute.
Agardamos unha noite máxica para tod@s. gracias por participar con nós





















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



