Viveiro, 8 de xaneiro de 2019. O Concello de Viveiro vai desenvolver nos institutos do municipio un programa de educación sexual centrado na adquisición de coñecementos, estratexias e habilidades para promover unha educación sexual adecuada e sana. O seu obxectivo é que, ao finalizar o programa, os alumnos teñan adquirido as seguintes aprendizaxes:
– Conceptos como sexo, erótica, sexualidade, orientación e identidade.
– Os tres obxectivos centrais da educación sexual: coñecerse, aceptarse e aprender a expresar a erótica de forma que os asistentes se sintan a gusto cos seus corpos.
– Identificar os estereotipos e crenzas sobre a sexualidade.
– Coñecer a influencia dos medios de comunicación sobre a imaxe corporal.
– Mitos sobre o amor romántico.
– Xestión dos celos, do abuso e control.
– Estratexias para xestionar a anticoncepción.
– Métodos para previr os embarazos non desexados e das infeccións de transmisión xenital.
– Hábitos de hixiene e auto coidado.
Este programa vai dirixido ao alumnado de 3º e 4º da ESO do IES María Sarmiento e do IES Vilar Ponte e desenvolverase entre o 11 de xaneiro e o 27 de febreiro, ao longo de 33 sesións nas que se aplicará unha metodoloxía que abordará os contidos de forma teórica, dando paso a dinámicas grupais de traballo participativo.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



