Lugo, 8 de xaneiro de 2019.- O Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Alvaro Santos, e o Presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Alfredo García, mantiveron este martes un encontro, acompañados dos Alcaldes socialistas da provincia. Esta reunión está enmarcada dentro da actividade regular que desempeña o Consello de Alcaldes para deliberar e adoptar posturas sobre distintos temas que afectan a administración local e ao veciños da provincia. Durante o encontro, os rexedores lucenses abordaron co máximo representante da Fegamp as 3 principais demandas que teñen os municipios.
Executar o 100% e aumentar os criterios obxectivos dos fondos para os Concellos
Os rexedores da provincia explicáronlle ao Presidente da Fegamp que máis da metade dos 119 millóns do Fondo de Cooperación Local foi distribuído en base a criterios non obxectivos e partidistas, habitualmente a Concellos gobernados polo PP. Os socialistas lembran que o fondo creouse para paliar as desigualdades territoriais e que non se está cumprindo dito obxectivo. Por este motivo, os Alcaldes da provincia de Lugo están de acordo en tratar de canalizar e vehiculizar unha proposta para que se aumente a porcentaxe de distribución en base a criterios obxectivos do Fondo total para administracións locais, pois no 2018 contaba con 353 millóns, dos cales 234 foron para convenios directos, é dicir, máis do 66% do total foi asignado “a dedo”.
Máis investimentos para máis competencias
Os socialistas explicáronlle a Alfredo García que actualmente os municipios dedican unha parte importante dos seus recursos económicos a atender competencias impropias pero que se tratan de prestacións fundamentais para os seus habitantes. Segundo a Lei de Bases de Réxime Local a delegación de competencias ten que ir acompañada da correspondente financiamento, e iso, critican os Alcaldes, que non está a suceder. Os socialistas comprometéronse a identificar, cuantificar e certificar o custe de todas estas competencias para tratar de que as administracións que non as están exercendo acheguen eses investimentos para que se fagan realidade.
Plan Estratéxico de Infraestruturas Hidráulicas
Outra das principais demandas dos Alcaldes lucenses foi a situación actual do Canon da Auga que impuxo o PP na Xunta de Galicia e que obriga aos Concellos a cobrar aos seus veciños e ingresar o recadado ao organismo autonómico. Segundo este canon, todo o recadado financiará exclusivamente actuacións en materia de abastecemento, saneamento e explotación de depuradoras de augas residuais e xestión dos ríos, tendo coma un dos obxectivos fomentar o uso racional da auga e o aforro da mesma.
Neste eido os socialistas trasladáronlle a Alfredo García que o PP non compromete en investimentos o ingresado, producindo remanentes que se empregan para outras actuacións diferentes as estipuladas no Canon. Dos 13 proxectos licitados na provincia de Lugo dende o ano 2015, 12 foron para Concellos gobernados polos populares, contando cun investimento total de 4,8 millóns de euros. Os municipios son: Outeiro de Rei, Paradela, Sober, Friol, Foz, Mondoñedo, Cospeito, Begonte, O Páramo, Taboada, Lourenzá (en 2015, cando gobernaba o PP) e Vilalba.
Ante esta clara desigualdade, os socialistas expuxéronlle ao representante da Fegamp a necesidade real dun Plan Estratéxico de Infraestruturas Hidráulicas deseñado en base a criterios obxectivos e coa participación dos Concellos, que recolla actuacións concretas a desenvolver coa totalidade do Canon recadado, así como a posibilidade de que unha parte reverta de xeito directo no municipio recadador.
















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



