Viveiro 10-1-19. A partir do vindeiro luns, 14 de xaneiro de 2019, comezarán as obras de Pavimentación e servizos na rúa A Calexa, en Celeiro.
As obras consisten no aumento de sección de tubos que forman a rede de evacuación de augas residuais, dotación de rede separativa de pluviais e reposición de sumidoiros, reposición de abastecimento de auga potable, saneado de rede de alumeado público coa substitución do cableado e a eliminación do tendido existente polas fachadas. Dotación de canalización de suministro eléctrico e de telecomunicacións. Pavimentación da rúa con formigón impreso antideslizante sobre soleira de formigón armado.
O orzamento previsto para a obra é de 44.462,38 €
Con motivo destes traballos, a partir do luns e durante o tempo de duración da obra, cortarase a rúa entre a intersección coa rúa Rúa Grande e Rúa Lavandeiras; por este motivo, lémbraselles aos veciños con garaxes na zona que, se o desexan, retiren os vehículos antes do inicio das obras para poder facer uso deles.
Dende o Concello de Viveiro pídense desculpas polas molestias que se poidan ocasionar, indicando que a Policía Local estará a disposición dos afectados informando de calquera cuestión relacionada co corte de tráfico referido.























A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



