Lugo, 12 de xaneiro de 2019. O Boletín Oficial da Provincia vén de publicar a resolución das axudas da Deputación por valor de 300 euros coas que recuperar 582 hectáreas de terras abandonadas na provincia para poñelas en produción. Os beneficiarios son agricultores ou gandeiros a título individual, agrupacións de produtores ou persoas xurídicas con titularidade na explotación que acreditaron como actividade profesional principal a agricultura ou a gandería. Cómpre lembrar que a través desta liña de axudas, o Goberno da Deputación ofreceu axudas a un total de 356 agricultores e gandeiros cos que poñen en produción 1.888 hectáreas de terreos baldíos.
Distribución por Comarcas e Concellos
Na Montaña recuperaranse 178 hectáreas con 89.274 euros en axudas a 40 gandeiros e agricultores de Concellos desta Comarca. A Fonsagrada: 12 axudas de 32.515,00 € para recuperar 65,03 hectáreas; As Nogais: 2 axudas de 3.345,00 € para recuperar 6,6 hectáreas, Baleira: 4 axudas de 9.880,65 € para recuperar 19,7 hectáreas; Baralla: 13 axudas de 25.991,95 € para recuperar 51,9 hectáreas; Becerreá: 4 axudas de 8.601,45 € para recuperar 17,2 hectáreas; Cervantes: 2 axudas de 2.135,00 € para recuperar 4,2 hectáreas; Navia de Suarna: 3 axudas de 6.805,10 € para recuperar 13,6 hectáreas.
Na Terra Chá recuperaranse 165 hectáreas e 82.804,25 euros en axudas a 39 gandeiros e agricultores de Concellos desta Comarca. A Pastoriza: 10 axudas de 18.381,15 € para recuperar 36,7 hectáreas; Abadín: 1 axuda de 1.910,00 € para recuperar 3,8 hectáreas; Castro de Rei: 3 axudas de 8.526,10 € para recuperar 17 hectáreas; Cospeito: 2 axudas de 2.250,00 € para recuperar 4,5 hectáreas; Guitiriz: 5 axudas de 11.971,90 € para recuperar 23,9 hectáreas; Meira: 1 axuda de 4.680,00 € para recuperar 9,3 hectáreas; Pol: 2 axudas de 1.759,55 € para recuperar 3,5 hectáreas; Vilalba: 10 axudas de 19.083,05 € para recuperar 38,1 hectáreas; e Xermade: 4 axudas de 14.242,50 € para recuperar 28,5 hectáreas
Na Comarca de Lugo 124 hectáreas e 62.300 euros en axudas a 24 gandeiros e agricultores de Concellos desta Comarca. Castroverde: 4 axudas de 9.940 para recuperar 19,8 hectáreas; Friol: 10 axudas de 17.868,60 € para recuperar 35,7 hectáreas; Lugo: 2 axudas de 7.153,40 € para recuperar 14,3 hectáreas; O Corgo: 5 axudas de 9.490,75 € para recuperar 18,9 hectáreas; Outeiro de Rei: 1 axuda de 815 € para recuperar 1,6 hectáreas; Portomarín: 1 axuda de 889,40 € para recuperar 1,7 hectáreas, e Rábade: 1 axuda de 6.203,90 € para recuperar 12,4 hectáreas.
Na Comarca de Sarria, 48,5 hectáreas con 24.200 euros en axudas a 16 gandeiros e agricultores de Concellos desta Comarca. Láncara: 2 axudas de 2.340,00 € para recuperar 4,6 hectáreas, O Incio: 3 axudas de 6.438,80 € para recuperar 12,8 hectáreas; Paradela: 3 axudas de 3.155,00 € para recuperar 6,3 hectáreas, e Sarria: 7 axudas de 12.037,85 € para recuperar 24 hectáreas
Na Mariña, 31 hectáreas con 15.900 euros en axudas a 7 gandeiros e agricultores de Concellos desta Comarca. A Pontenova: 3 axudas de 5.375,00 € para recuperar 10,7 hectáreas; O Valadouro: 3 axudas de 7.728,15 € para recuperar 15,4 hectáreas e Ourol: 1 axuda de 2.805,50 € para recuperar 5,6 hectáreas.
En Lemos e Chantada, 24,5 hectáreas con 12.300 euros en axudas a 6 gandeiros e agricultores de Concellos desta Comarca. En Chantada: 2 axudas de 2.436,10 € para recuperar 4,8 hectáreas; No Saviñao: 3 axudas de 3.733,40 € para recuperar 7,4 hectáreas, e Taboada: 1 axuda de 6.120,00 € para recuperar 12,2 hectáreas.
Na Ulloa, 26,1 hectáreas con 13.100 euros en axudas a 5 gandeiros e agricultores de Concellos desta Comarca. Antas de Ulla: 1 axuda de 5.510 € para recuperar 11 hectáreas, e Palas de Rei: 4 axudas de 7.588,85 € para recuperar 15,1 hectáreas.






















No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.



