Juan José Amieiro Rego (máis coñecido por Se) e Josefa Blanco Dorado (máis coñecida por Pepita) veñen de celebrar as súas Vodas de Ouro cunha misa na igrexa parroquial de San Miguel e logo un xantar coa familia no restaurante O Foguete de Vilaframil, Ribadeo. Foi unha celebración moi emotiva e divertida, que contou, ademais, coa inesperada actuación do Grupo Humorístico Trípode, que celebrou un simpático xuízo co matrimonio. Os dous son veciños de Salxende, parroquia de San Miguel.
Vodas de Ouro de Se e Pepita