Alfoz, 29 de xaneiro de 2019. O programa CATUXA, de sensibilización sobre a violencia de xénero e a igualdade entre mulleres e homes destinado á poboación adolescente, botou a andar este martes no Instituto de Ensinanza Secundaria Alfoz-Valadouro da man do equipo RETNOVA Proxectiva Consulting. Noelia Rodríguez foi a técnica encargada de dinamizar a visita do alumnado á exposición ‘Á violencia de xénero… DILLE NON!.
As alumnas e alumnos de 3º e 4º da ESO do IES do Alfoz-Valadouro desprazáronse ás dependencias municipais onde se atopa a exposición ‘Á violencia de xénero… DILLE NON!, e alí unha experta en igualdade e violencia de xénero do equipo de RETNOVA para o programa CATUXA dinamizou a visita cunha actividade participativa.
Para facer chegar as mensaxes da exposición dunha maneira participativa, invitouse ao alumnado a que ollaran toda a exposición con calma coa consigna de que ao rematar elixisen unha palabra dunha listaxe que lles suxerise algunha lámina da exposición.
Ao entrar na sala de actividades, fóronse poñendo en común láminas e palabras, chegando así a desenmarañar o que implica unha relación de parella sá e unha tóxica. A liberdade e as gaiolas invisibles que que atrapan ás mulleres, centrando o tema nas experiencias coñecidas de maneira directa pola rapazada.
Esta exposición, promovida pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia, é unha mostra gráfica dirixida á mocidade para que esta recoñeza identifique e rexeite as condutas sexistas nocivas nas súas relacións. A exposición púidose visitar no Centro sociocultural do Concello de Alfoz desde o pasado 18 de xaneiro, sendo este martes 29 o seu derradeiro día.
O programa CATUXA presentouse o pasado 29 de novembro no IES María Sarmiento, de Viveiro; trátase dunha iniciativa dirixida á comunidade educativa dos concellos integrantes da Mariña Lucense, que aborda desde unha perspectiva integral e transversal a necesaria educación e concienciación en materia de igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero nas súas distintas manifestacións.
Un dos elementos identificadores de CATUXA é o seu carácter participativo e de implicación de todas as entidades do territorio, ademais dos centros educativos. De aí que a actividade programada para este martes en Alfoz sexa o resultado dunha estratexia de coordinación concello-programa CATUXA para conseguir un maior alcance do programa ao tempo que se optimizan recursos dispoñibles.
O programa CATUXA continuará no mes de febreiro con máis actividades. Pódese seguir a actualidade do programa CATUXA en Instagran e Facebook como @programacatuxa.





















Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
O acto será este venres, 8 de maio, ás 20.30h na biblioteca El Viejo Pancho, conducido por Xermán Viluba.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.



