Nota de Prensa
O deputado Roman Rodríguez asegurou que “imos traballar polo consenso, partindo da responsabilidade, da lealdade e do sentido común”
O PPDEG DESTACA A AXILIDADE ADMINITRATIVA A REORDENACION DO ESPACIO RURAL E O REFORZAMENTO DO PAPEL DOS CONCELLOS NOS OBXECTIVOS DA REFORMA DO LEI DO SOLO
* A modificación da lei conseguirá desatascar e reducir os tempos para os planeamentos xerais e de desenvolvemento “xa que hoxe temos mais de 200 concellos que están a tramitar o seu planeamento”
* A reforma da lei permitirá regular mais de 30000 núcleos de poboación rural e dar unha mellor resposta a diversidade do sistema de asentamentos de Galicia favorecendo asentamento de novas vivendas e o desenvolvemento de actividades económicas vencelladas ao medio
Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2010.- O voceiro de Ordenación do Territorio do PPdeG, Roman Rodríguez, defendeu hoxe no Parlamento, no debate de totalidade do proxecto de lei de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2002 de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, a Lei do Solo, como obxectivos principais da mesma a axilidade administrativa, a reordenación do espazo rural e o reforzamento do papel dos concellos.
No referido as tramitacións administrativas, o deputado popular destacou que a modificación da lei conseguirá desatascar e reducir os tempos para os planeamentos xerais e de desenvolvemento , mediante redución de prazos e coordinación de trámites urbanísticos e ambientais “xa que hoxe temos mais de 200 concellos que están tramitando o seu planeamento e é necesario impulsar o planeamento municipal”. Así mesmo, no ámbito da tramitación, da saída as autorizacións en solo rústico xa que a paralización de innumerables expedientes dificultan o desenvolvemento da actividade rural.
No relativo a reordenación urbanística do espazo rural, o deputado popular indicou a necesidade de favorecer, ou polo menos non entorpecer, as actividades económicas vencelladas ós recursos agrogandeiros e forestais no escenario de crise demográfica e económica que están a vivir. Así aludiu á necesidade de regular máis de 30.000 núcleos de poboación do rural galego, dando unha mellor resposta a singularidade do sistema de asentamentos rurais de Galicia, favorecendo o asentamento de novas vivendas e o desenvolvemento de actividades económicas vencelladas cos recursos do medio.
PAPEL DOS CONCELLOS
Entre os obxectivos que pretende a reforma da Lei, segundo o deputado Roman Rodríguez, está o do reformar o papel dos concellos como protagonistas fundamentais “dándolle mais responsabilidades e recoñecer a súa función pero tamén ofrecer máis axudas e superar esa sorte de “neocentralismo” que é tan típico nalgunhas formacións políticas”.
O deputado popular indicou que os grandes obxectivos anteriores están suxeitos sempre a sustentabilidade na xestión dos recursos territoriais e a “posibilitar” e non prohibir por prohibir senón tratar de compatibilizar o uso dos recursos coa preservación dos mesmos.
Roman Rodríguez recordou que a modificación xurde dunha reclamación do municipalismo, “xa que son os concellos os que mellor coñecen o funcionamento do día a día e as disfuncións que son preciso corrixir” e xa en marzo do 2007 a Fegamp elabora un documento para pactar coa Xunta unha serie de propostas para a modificación. Pero naquel momento a Xunta bipartita “nin caso, non se tiveron en conta para nada as demandas dos concellos” e agora se rescatan estas propostas baseadas nunha maior colaboración da Xunta cos concellos, reducir a lentitude das tramitacións ou a modificación das definicións dos solos.
O deputado popular destacou o pacto Xunta-Fegamp e recordou que no bipartito “as modificacións en materia de ordenación territorial e urbanismo se fixeron sen ningún tipo de acordo ou consenso, nin coa Fegamp nin cos axentes sociais”. “Neste senso xa anuncio que a forma de proceder do Grupo Popular, igual que a da Xunta, vai ser radicalmente diferente ao da pasada lexislatura e nos debates que agora se abren imos traballar polo consenso, partindo da responsabilidade, da lealdade e do sentido común”.

















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



