Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2019.- Socialistas e veciños de toda a provincia reclamaron este sábado ao PP unha sanidade pública, gratuíta e de calidade. Fixérono nunha manifestación multitudinaria en Santiago de Compostela para denunciar os recortes e o desmantelamento dos servizos sanitarios por parte do goberno de Feijóo durante unha década. Participaron nela a Secretaria de Acción Política na Provincia de Lugo, Sonsoles López Izquierdo; a Secretaria de Organización, Mar García Iglesias; xunto a Alcaldes, Concelleiros, Voceiros e militantes lucenses.
Os socialistas denuncian que dende que chegou o PP ao executivo autonómico en 2009 a provincia de Lugo perdeu 23 médicos de atención primaria, pechou os ambulatorios de Oural, en Sarria, e o de Castro, en Carballedo, suprimiu as áreas sanitarias da Mariña, Monforte de Lemos e Lugo para centralizalo todo na capital lucense. Ademais dende o PSOE censuran que 9 Concellos lucenses conta con 1 só médico no ambulatorio, quedando sen profesionais cando hai unha emerxencia a domicilio; 16 municipios lucenses non teñen pediatras e 7 non cumpren a ratio que establece a propia Xunta de 1 médicos por cada 1.500 veciños.
O Partido Socialista presentou propostas en toda a provincia esixindo á Xunta de Galicia máis médicos de atención primaria, pediatras e enfermeiros. Sobre estes últimos o Pleno da Deputación aprobou unha proposta do Goberno reclamando máis facultativos de enfermería tras denunciar que o Sergas mantén una ratio de 3,38 enfermeiros por cada 1.000 habitantes cando a media do Estado é de 5,3.
Menos recursos nos Hospitais Comarcais
Os socialistas criticaron que durante os 10 anos do PP no goberno galego os Hospitais Comarcais da Mariña e Lemos foron perdendo servizos gradualmente.
Os veciños denuncian que no Hospital da Costa, para uns 72.000 habitantes, hai 1 só médico de rehabilitación ou 1 reumatólogo, que está dando cita con esperas de preto de 1 ano. Non teñen oncólogos propios, só hai 1 enfermeira para o coidado de 30 pacientes, 3 celadores pola noite para atender as urxencias, quirófanos, UCI, partos. As persoas que teñen problemas cardíacos teñen unha lista de espera superior aos 400 días para facer unha simple proba de esforzo necesaria para detectar calquera problema no corazón; non se colocan marcapasos ou nin tan sequera se fan as revisións ou os cambio de pilas destes aparellos, tendo que vir á cidade de Lugo. Tampouco teñen un servizo de xeriatría porque o PP non o considera “necesario” cando máis do 22% da poboación da Comarca supera os 65 anos. As resonancias non se poden facer tampouco na Mariña porque non hai máquina fixa. As probas realízanse 1 vez ao mes nun camión móbil que se despraza a Burela e aparca en fronte do centro.Tamén derívanse a Lugo os casos de operación de fimose e de cataratas… Con todo isto, o número de reclamacións feitas polos cidadáns no Hospital da Mariña superan as 500 e van en aumento.
No Hospital de Monforte de Lemos, que dá servizo a toda a zona sur da provincia, os profesionais reclaman a contratación dunha TCAE para reforzar as plantas cando sexa necesario, dotar dun celador durante os tres días de máxima actividade en cirurxía, un especialista dixestivo, restablecer o médico rehabilitador e a contratación técnico de laboratorio para o servizo de urxencias. Os socialistas denuncian que o centro perdeu un cardiólogo e a Xunta cubre a praza con internistas.




















A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



