Tivo lugar esta fin de semana organizado pola Federación Española de Kickboxing. O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, deulles a benvida ao medio cento de participantes procedentes de diferentes puntos da xeografía española. O curso estivo impartido polo profesor Zhang Yang Fei, da familia Chen, unha das liñas máis prestixiosas de China.
