Foz 18 de febreiro de 2019. O BNG non entende como é posible que despois de terse entregado no Concello 721 firmas de veciños reclamando a retirada do mastro e que nunca máis se concedese licencia para instalar antenas ao lado dun Colexio Público , e despois de terse aprobado por todos os grupos da Corporación unha moción do BNG no mesmo sentido , aparezan agora tres novas antenas no alto do mastro (adxuntamos foto )
O BNG non vai quedar cos brazos cruzados diante desta demostración de desprezo pola vontade dos veciños e dos representantes do pobo . Xa pediu información sobre estas antenas ao Concello , para ver se a súa instalación compre as esixencias de legalidade que establecían sendas sentencias do Xulgado Contencioso-Administrativo de Lugo e da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia .
Compre lembrar que o artigo 12.1 da Ordenanza Municipal que regula o funcionamento destas antenas di que non se permitirán instalacións de radiocomunicación sobre espazos sensíbeis , como escolas infantís, centros educativos , hospitais , centros de saúde, residencias xeriátricas ou parques urbanos públicos , NEN EN PARCELAS E EDIFICACIÓNS LINDANTES CON ESTES, debendo en todo caso situarse a unha distancia mínima de 300 metros a calquera lindeiro de parcela .
Non se entende o silencio do Alcalde diante da instalación destas novas antenas , coñecendo como coñece a preocupación da comunidade escolar , do Colexio Público nº 1 e dos veciños sobre este tema . Nin se entendería tampouco que concedese licencia para instalalas , desoíndo o que demandaban as firmas dos veciños e o acordo plenario unánime de setembro do ano pasado .
O BNG solicitará entrevistas cos Directiva da ANPA , coa Dirección do Colexio e con Asociacións de Veciños do casco urbano para informalos do problema e estudar a posibilidade de levar a cabo accións conxuntas .




















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



