Lugo, 19 de febreiro de 2019. O Presidente, Darío Campos Conde, presenta ao vindeiro Pleno Provincial (convocado e informado a todas as formacións políticas, que xa contan coa documentación correspondente) o Plan Único 2019. Está dotado de 21 millóns da Deputación e o seu obxectivo é mellorar ou incrementar os servizos e prestacións públicas aos máis de 330.000 veciños dos 67 Concellos da provincia. Pois estes fondos son para novas obras en instalacións municipais, servizos sociais, emprego, iniciativas turísticas, deportivas e culturais, administración electrónica e protección civil. Todo isto para dinamizar social e economicamente o conxunto do territorio lugués, atendendo ás necesidades veciñais.
Na proposta presentada por Campos Conde, distribúense os 21 millóns nos 67 municipios en base aos seguintes criterios obxectivos: poboación, superficie, núcleos poboacionais e taxa de envellecemento. Isto supón máximos de 500.000 euros en Lugo, Viveiro, Monforte de Lemos, Vilalba e Sarria, e mínimos duns 200.000 en Negueira de Muñiz, Rábade ou Triacastela.
Os Concellos deberán destinar como mínimo o 50% dos fondos que lles corresponden a investimentos. Isto implica que cando menos 10,5 millóns de euros sexan para novas melloras nas instalacións públicas municipiais (acondicionamento de accesos, estradas, rúas, instalacións deportivas ou culturais, traídas de auga, alumeados públicos…).
Tendo en conta a taxa de envellecemento e a necesidade de ofrecer servizos sociais aos maiores da provincia, os municipios terán que destinar un mínimo de 1,5 millóns de euros ao Servizo de Axuda no Fogar a persoas non dependentes; prestación para a que a Xunta de Galicia non achega nin un só euro.
Os restantes 9 millóns de euros poderán destinarse a máis obras, máis servizos sociais ou ao financiamento de actividades turísticas, deportivas, culturais, grupos de protección civil ou á administración electrónica.
Anticipo do 50% e distribución de fondos por Concello
Campos Conde incorpora na súa proposta un anticipo do 50% dos fondos aos Concellos para inxectar canto antes no conxunto da provincia a metade do orzamento do Plan Único 2019, que ascende aos 10,5 millóns. O Pleno debaterá a proposta do Presidente o martes 26 de febreiro. De aprobarse, de seguido os municipios poderán solicitar este anticipo e presentar os proxectos.
Abadín
329.275,80 €
Alfoz
268.158,30 €
Antas de Ulla
269.541,13 €
Baleira
271.011,24 €
Baralla
286.813,47 €
Barreiros
269.857,07 €
Becerreá
296.700,03 €
Begonte
290.246,58 €
Bóveda
241.688,79 €
Burela
361.693,72 €
Carballedo
310.584,95 €
Castro de rei
380.025,14 €
Castroverde
297.036,59 €
Cervantes
311.428,22 €
Cervo
286.904,29 €
Corgo (O)
329.756,66 €
Cospeito
354.704,69 €
Chantada
455.099,86 €
Folgoso do Courel
270.922,97 €
Fonsagrada (A)
428.690,86 €
Foz
410.084,18 €
Friol
398.304,97 €
Guitiriz
429.524,47 €
Guntín
307.748,47 €
Incio (O)
282.528,84 €
Láncara
290.187,63 €
Lourenzá
248.714,26 €
Lugo
500.000,00 €
Meira
218.660,34 €
Mondoñedo
301.862,80 €
Monforte de lemos
500.000,00 €
Monterroso
297.730,19 €
Muras
283.387,68 €
Navia de Suarna
303.373,75 €
Negueira de Muñiz
190.296,71 €
Nogais (As)
236.851,35 €
Ourol
300.918,94 €
Outeiro de rei
344.203,47 €
Palas de rei
367.306,51 €
Pantón
324.680,78 €
Paradela
279.178,60 €
Páramo (O)
241.845,62 €
Pastoriza (a)
317.851,11 €
Pedrafita do Cebreiro
250.740,41 €
Pobra do Brollón (a)
281.702,27 €
Pol
261.969,64 €
Pontenova (a)
268.743,11 €
Portomarín
259.302,45 €
Quiroga
342.231,92 €
Rábade
193.177,35 €
Ribadeo
430.058,60 €
Ribas de Sil
227.565,93 €
Ribeira de Piquín
228.797,34 €
Riotorto
234.354,98 €
Samos
271.415,00 €
Sarria
500.000,00 €
Saviñao (o)
372.095,67 €
Sober
317.491,65 €
Taboada
319.880,36 €
Trabada
248.838,69 €
Triacastela
199.139,26 €
Valadouro (O)
282.708,15 €
Vicedo (O)
251.292,22 €
Vilalba
500.000,00 €
Viveiro
500.000,00 €
Xermade
301.341,24 €
Xove
271.772,67 €
Totales
20.999.999,94 €





















O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.



