A Pontenova, 22 de febreiro de 2019. O programa CATUXA, promovido pola Mancomunidade da Mariña Lucense, continúa a súa andaina. Hoxe foi a quenda do IES Enrique Muruais ao que acoden adolescentes dos concellos de Riotorto e A Pontenova.
As alumnas e alumnos de 3º da ESO do IES Enrique Muruais participaron noutra das actividade do Programa CATUXA: “Taller de Intelixencia emocional, social e habilidades persoais
Este taller foi totalmente experiencial e vivencial como mellor método para achegarse ás emocións dos e das adolescentes, quen se involucraron plenamente na actividade desde o primeiro momento, con ganas e ilusión, experimentando e autocoñecéndose a través de moi diversas dinámicas para sentir as emocións e cambiar actitudes.
Durante a dita actividade, dirixida por Lucía Riveiro e Rosa Torrado, expertas en intelixencia emocional do equipo de RETNOVA, o alumnado tomou conciencia do significado das emocións, da importancia da súa xestión e manifestación, dos medos como inhibidores de seguridade e do respecto como base das relacións igualitarias.
Os testemuños das propias alumnas e alumnos dan conta do impacto do taller e da importancia de levar a cabo accións desta natureza dirixidas a estes grupos de idade e a todo o alumnado. As próximas actividades do mes de febreiro terán lugar novamente no IES Enrique Muruais de A Pontenova o próximo día 26; no IES Alfoz Valadouro, o 25 de febreiro; e no IES de FOZ os días 25 e 26. O programa CATUXA sigue así aumentando o número de mozos e mozas de 14 a 16 anos da Mariña Lucense que se acollen a estas actividades.
Pódese seguir a actualidade do programa CATUXA en Instagram e Facebook cuxo perfil é @programacatuxa.




















Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



