Mondoñedo, 27 de marzo de 2019 .- O Goberno local do Concello de Mondoñedo vén de adxudicar a reposición do firme na pista que vai de Mondoñedo a Lindín, na Calzada.
Así, o Concello de Mondoñedo acordou adxudicar a Construcciones Isidro Otero S.L. o contrato de obras de reposición de firme no treito que vai desde Mondoñedo a Lindín, na estrada coñecida como A Calzada. A obra contará cun orzamento total de 48.248,12 euros e terá un prazo de execución de 16 días naturais.
A actuación consistirá na limpeza de foxos con motoniveladora, incluída a carga e transporte de entullos e vertedoiro. Tamén se colocará un novo firme de aglomerado en quente tipo D-12 de 5 centímetros de espesor e rega de adherencia.
O Concello de Mondoñedo actúa nunha lonxitude de 1.700 metros.
A alcaldesa, a popular Elena Candia, indica que é unha fase de reparación da estrada que se enmarca dentro dun proxecto global de maior envergadura que está a acometer o Goberno local no Barrio de Couto de Otero. Así, primeiramente o Concello de Mondoñedo xa repuxo o firme con aglomerado en Bispo Fernández de Castro.
Tamén adquiriu unha vivenda en ruínas que foi demolida para eliminar un cuello de botella que presentaba perigo para a circulación ao tempo que segue a traballar en próximas actuacións.
























O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



