Alfoz 2-4-19. Coincidindo coa aprobación do Real Decreto de convocatoria das eleccións locais, a nova Dirección Executiva de VIA ALFOZ, presidida por Efigenia Maseda, reuniuse o pasado 29 de marzo de 2019, para designar o cabeza de lista de cara aos comicios do 26 de maio. A persoa escollida para tal cargo foi Xabier Pardiñas, que obtivo a totalidade dos votos da Executiva.
Desde a Dirección executiva de Via indican que “a elección foi moi pensada e nela pesou a eficaz labor realizada durante estes catro anos ao fronte da tenencia de alcaldía do Concello de Alfoz, a pesar das limitacións que tivo polos socios de goberno en forma de falta de cooperación e atribuíndose a paternidade de todo o desenvolvido por VIA”.
Na reunión da executiva, na que non se atopa o propio Xabier Pardiñas por motivos laborais, decidiuse encargar ao novo candidato a confección da lista electoral, continuando as negociacións que nas últimas datas se levaron a cabo con diferentes persoas a incluír na candidatura.
Pardiñas, candidato nas pasadas elección pola agrupación de electores Veciños Independentes de Alfoz, é o actual Tenente de Alcalde do Concello de Alfoz e Concelleiro de Desenvolvemento Local. Tras coñecer a súa elección, asegurou que se presenta “con moita ilusión e consciente da responsabilidade do encargo que me confían os meus compañeiros”. Respecto á candidatura indica que se confeccionará unha lista “con xente comprometida, ilusionada co proxecto de VIA e preparada para gobernar”.
Así mesmo, a Dirección Executiva de VIA Alfoz aprobou a presentación dunha candidatura Eleccións Europeas, probablemente en coalición con outros partidos.
























Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.



