Burela, 5 de abril de 2019. O salón de plenos do Concello acolleu esta tarde a presentación da directiva do club de atletismo de Burela, que acaba de ser constituído na localidade. Carla Trillo, Pablo Álvarez, Siro Maseda e Dani Trigo son as persoas que o porán en marcha. Xunto a eles estiveron o alcalde, Alfredo Llano, e o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández.
O edil burelés dixo que “tivemos varias xuntanzas durante estes días e xa temos unha directiva formada que está disposta a iniciar este proxecto, evidentemente o Concello xa lles mostrou o seu total apoio para axudarlles a arrancar esta nova andaina en todo o que poida. O primeiro que vai facer o Concello para mostrar ese apoio vai ser que para o ano que vén nas escolas deportivas municipais vamos ter a modalidade de atletismo. Queremos que sexa un xesto para animalos a eles a tirar para adiante nesta nova andaina”.
Fernández Rey sinalou que “é un obxectivo prioritario que temos desde hai tempo na Delegación de Deportes e por fin vemos realizado este pequeno sono polo que eu penso que hoxe podemos cualificalo como un día histórico para Burela e para o deporte porque nace un novo club, neste caso de atletismo, no que van participar todos estes corredores afeccionados que temos en Burela e que están logrando tantos éxitos. Era unha pena que non tiveran esta maneira de xuntarse nun club e que tiveran que andar por outros da Mariña ou do resto da provincia”.
O concelleiro de Deportes asegurou que está “súper orgulloso e súper contento de que por fin chegue este día e quero animar á xente que se vai involucrar neste proxecto e dicirlles que van contar con todo o apoio que poida darlles este equipo de goberno; e espero que o que entre, sexa cal sexa, que apoie tamén esta iniciativa porque penso que realmente merece a pena”.























A entidade, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación, organizará nas próximas semanas a XIII exposición Tal como eramos (28 de agosto), a proxección do filme Antes de nós (3 de setembro) e a homenaxe polo XXII cabodano de Manuel María (6 de setembro). A área de Cultura provincial reforza así o seu apoio continuado ao Iescha, referente na conservación e difusión da cultura galega e chairega.
No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
