Cervo, 17 de abril.- O Centro de Emprendemento acondicionado no edificio das Antigas Cabalerizas de Sargadelos amplía a súa oferta de actividades cun establecemento de fabricación e venda de táboas de surf artesanais e cun obradoiro creativo e estudo de tatuaxes.
O rexedor, Alfonso Villares, asinou esta mesma mañá o contrato coa persoa adxudicataria do local número 1, Alejandro Molina, que ten previsto desenvolver a partir de maio a súa actividade baseada na fabricación e deseño de táboas de surf artesanais, incluíndo tamén a creación de prendas relacionadas con este deporte.
En días atrás, tamén foi adxudicado o local número 2, que albergará un obradoiro creativo (costura creativa, complementos/decoración creativa…); zona de tenda e espazo para nais lactantes; e estudo de arte na pel e perforación, entre outras actividades.
Estas iniciativas veñen sumarse ao centro ecuestre “Cabaliño de Pao” que botou a andar este pasado verán cunha gran acollida; e a un establecemento de alimentación ecolóxica e a un café-bar cultural que abrirán as súas portas nos vindeiros días.
Villares apuntou que a día de hoxe só queda un dos 6 locais que acondicionamos dispoñible, unhas cifras de ocupación –precisou- que avalan a importante aposta que fixemos desde o equipo de goberno para poñer en marcha este proxecto concibido cun dobre obxectivo; por unha banda darlle ese impulso ao Conxunto Histórico; e por outra ofrecerlle a estas persoas emprendedoras e con ideas novidosas e interesantes unha opción para poder iniciar a súa actividade facendo fronte a un custe asumible, de arredor de 20 euros mensuais”.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



