Ribadeo, 17 de abril de 2019. O alcalde, Fernando Suárez, contou que xa se esgotaron os 1.000 packs de panchas que se puxeron en circulación o pasado 4 de abril. O rexedor asegura que a campaña tivo moi boa acollida e subliña que 10.000 panchas (10.000 euros) xa foron validadas no Concello e en ABanca polos máis de 80 establecementos que participan nesta iniciativa. Os clientes do comercio de Ribadeo teñen ata o 5 de maio para gastar a súa moeda local, que despois deixará de ter validez.
Fernando Suárez quixo nesta xornada “dar unha moi boa nova que evidencia a boa acollida e o bo funcionamento desta iniciativa que puxo en marcha o Concello de Ribadeo hai poucos días, coa colaboración de Acisa e de ABanca”.
O alcalde ribadense subliñou que “segundo os datos que nos ven de pasar ABanca, todos os packs de panchas, desta moeda local que puxemos en funcionamento hai doce días, xa foron vendidos a todas as persoas da vila, do concello ou de fora que estiveron acudindo ao banco pagando 30 euros e obtendo 40 panchas. Isto significa que no mercado, nunha cifra récord de doce días que se vendeu o equivalente a 40.000 panchas, está habendo un diñeiro moi importante neste período, se cadra algo baixo desde o punto de vista comercial, con excepción desta Semana Santa. Agora todos os posuidores de panchas poden gastar ese diñeiro no comercio local, concretamente nos máis de 80 establecementos que se subscribiron a esta iniciativa”.
Suárez Barcia engadiu que “segundo os datos da Oficina de Desenvolvemento Local do Concello xa máis de 10.000 panchas foron traídas aquí a validar polos diferentes establecementos que están notando como a xente paga con esta moeda, e agora o que se trata é que isto se difunda e exista compravenda nos diferentes comercios porque todo o mundo ten de prazo ata o vindeiro 5 de maio para facer todas as compras que poida”.
O rexedor indicou que “isto dinamiza a economía local, dinamiza o comercio local, este sector tan importante que temos en Ribadeo, e ao mesmo tempo consolida esta iniciativa que sen dúbida en sucesivas edicións estou seguro que será copiada noutros concellos, pero que aquí en Ribadeo unha vez máis seguimos sendo referentes”.




















José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



