Lugo. 23, abril, 2019. A presidenta do Partido Popular na provincia de Lugo, Elena Candia, explicou que “o PP presenta candidaturas nos 67 concellos da nosa provincia de cara aos vindeiros comicios municipais” reunindo a preto de 1.000 persoas en torno ao noso proxecto: un proxecto de provincia comprometido cos nosos veciños e veciñas. “O capital humano dentro do PP segue a ser o noso principal valor”, enfatizou Candia. Nesta mesma liña, amosouse convencida de que “o vindeiro domingo defenderemos xa nas urnas “un Goberno do Estado presidido por Pablo Casado que se amosou no debate preparado para gobernar e como a única alternativa a Sánchez. O Partido Popular ten experiencia de Goberno e representa a mellor garantía para España. O mellor aval do Partido Popular é o traballo feito dende tódalas institucións”, engadiu.
As 67 listas coas que concorre o Partido á cita coas urnas do vindeiro 26 de maio suma 724 veciños e veciñas aos que hai engadir outras 274 persoas que figuran como suplentes das candidaturas populares na provincia ata alcanzar 998 nomes que “conforman os mellores equipos cos mellores programas para cada concello”, engadiu a dirixente popular.
Elena Candia quixo agradecer a todas estas persoas e, concretamente, “aos alcaldes polo seu comprometido traballo” e “aos voceiros que traballan día a día defendendo o proxecto político do PP en clave local vendo que, efectivamente, o primeiro sempre serán os seus veciños e veciñas”. Así mesmo, destaca “a fidelidade e lealdade” daqueles que se despiden da primeira liña da política municipal como Gumersindo Rodríguez, José Antonio Ferreiro e Jesús Carreira -alcaldes do Páramo, O Corgo e Guntín, respectivamente-. Pero tamén ten palabras de agradecemento para os comezan esta nova etapa e, como non, para os que continúan a traballar polos seus concellos”.
Novos cabezas de lista en 29 concellos
Candia indicou que dos 67 cabezas de lista do Partido Popular da provincia un total de 29 non encabezaban a candidatura nos comicios electorais do 2015. Polo tanto, a renovación dos candidatos ás alcaldías alcanza un 43,3%.
Nove concellos contan con mulleres na primeira posición da candidatura popular incrementándose o número de candidatas con respecto ao 2015 nun 50%.











A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



