A Mariña, 26 de abril 2019. Na mañá de hoxe, a cabeza de lista do BNG ao congreso, Maite Ferreiro, xunto coa candidata á alcaldía de Viveiro, Miriam Bermúdez, a responsable comarcal do Bng Ana Ermida e o deputado provincial Antonio Veiga visitaron os xulgados de Viveiro e reuníronse cos traballador@s, que ao igual que a sociedade viveirense e mariñá demandan solucións á saturación nos órganos xudiciais.
Viveiro e A Mariña precisan unha administración de xustiza áxil e moderna e con recurso suficientes
Os xulgados de Viveiro están entre os mais saturados de Galiza, teñen dous órganos xudiciais para atender a máis de 45.000 habitantes (Ourol, O Vicedo, Viveiro, Xove, Cervo, Burela e Foz) e o Xulgado número 1 tén ademais, das competencias ordinarias, as de Rexistro civil e o Xulgado numero 2 funciona tamén como Xulgado de Violencia sobre a Muller, polo que a creación dun tereceiro Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción axudaría a desconxestionar a grande cantidade de pleitos que tramitan a diario os dous órganos xudiciais viveirenses.
O terceiro Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción é necesario tamén para facilitar a atención ás mullere vítimas de malos tratos.
Maite Ferreiro comprometeuse a plantear esta vella demanda ante o novo goberno do Estado que resulte das eleccións xerais do 28 de abril, e afirmou que “a provincia de Lugo e A Mariña veñen sufrindo durante varios anos un abandono total por parte dos gobernos do Estado en materia de administración de xustiza, o que é especialmente grave no tema das denuncias de mulleres por malos tratos, polo tanto é moi urxente e necesario dar solución a este problema”
No mesmo sentido pronunciouse Miriam Bermúdez, que tamén asegurou que “o terceiro Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción é imprescindible para Viveiro, e a traballar para a súa consecución é e será un dos obxectivos no noso traballo municipal”
Debaterase tamén no pleno da Deputación o vindeiro martes
Esta demanda vai ser debatida tamén no pleno que a Deputación de Lugo que se celebrará o próximo martes 30 de abril, que según afirmou o deputado provincial mariñao Antonio Veiga, vai ser traslada alí en forma de moción, agardando que todos os grupos políticos mostren o seu apoio á mesma.






















A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



